Li Jun (en chinés simplificado: 李峻; en pinyin: Lǐ Jùn), nado en Guangyuan no 1980, é un escritor chinés de ciencia ficción, máis coñecido co pseudónimo de Baoshu (en chinés simplificado: 宝树; en pinyin: Bǎoshù).
Traxectoria Tras licenciarse na Universidade de Beijing, realizou un mestrado en filosofía na Universidade KU Leuven de Bélxica. Viviu tempadas nos Estados Unidos e Europa. Na actualidade, traballa como escritor freelance na China, e desde 2010 leva publicado catro novelas e máis de trinta novelas curtas e relatos. Entre as súas novelas máis populares atópanse 三体X:观想之宙 ("A redención do tempo") unha secuela, como admirador, da triloxía dos tres corpos de Liu Cixin, e 时间之墟 ("As ruínas do tempo"), gañadora en 2014 do premio Xingyun (Nebula) á Mellor Novela.
Como consecuencia dos seus estudos en filosofía, moitas das súas historias cuestionan o concepto do tempo lineal. A alteración da orde dos sucesos históricos é recorrente non seus escritos como en 'What Has Passed Shall In Kinder Light Appear' onde os protagonistas viven na súa xuventude os sucesos dos atentados do 11 de setembro e, na súa vellez, as protestas da Praza Tian'anmen.
Obra Novelas 2011: San ti X: guanxiang zhi zhou (en ) 2013: Shijian zhi xu (en ) 2014: Garuda 2014: Maharoga
Novelas curtas 2012: Gulao de diqiu zhi ge (en ) 2015: Shijian kuangxiang gushi ji (en )
Traducións En castelán La redención del tiempo (2018). Tradución directa de Agustín Alepuz. Nova.
En inglés The Redemption of Time (2019). Tradución directa de Ken Liu. Tor.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas 宝树 (La literatura china traducida en España)
Categoría:Escritores da China Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de ficción científica Categoría:Nados en 1980 Categoría:Personalidades sen imaxes