El Ejército Español foi un xornal publicado en Madrid de 1888 a 1928.
Historia O xornal, aparecido en 1888, publicou o seu primeiro número o 2 de xaneiro dese ano.Pizarroso Quintero, 2001, p. 314. Publicabáse diariamente, agás domingos e festivos. De ideoloxía ultraconservadora,Navajas Zubeldia, 2001, pp. 74-75 foi nos seus primeiros tempos un órgano de expresión para aqueles sectores do exército que apoiaron as reformas propugnadas polo xeneral Manuel Cassola.Núñez Florencio, 1990, p. 99
Cando se produciron os feitos do Cu-Cut, xunto co xornal La Correspondencia Militar, fixo campaña en Madrid para reaccionar contra o nacionalismo catalán.Payne (1968), p. 80
Tamén tivo frecuentes polémicas con La Correspondencia Militar,Desvois, 2001, p. 236 outro xornal militar co que chegou a manter a competencia aberta, entre outros temas, porque La Correspondencia Militar defendía á constitución das Xuntas de Defensa, en 1917, mentres El Ejército Español, era abertamente oposto.
En novembro de 1928, fusionouse con La Correspondencia Militar, e este se converteu en voceiro do sector máis ultraconservador.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Xornais en lingua castelá Categoría:Xornais de Madrid Categoría:Xornais de España desaparecidos