Manuel Cassola Fernández, nado en Hellín, Albacete, o 26 de agosto de 1837 e finado en Madrid, o 10 de maio de 1890, foi un militar e político español.

Traxectoria

Formación e primeiros anos Fillo de Alberto Cassola, un italiano aveciñado en Hellín e dedicado á docencia. Con quince anos, ingresou na Academia de Infantería de Toledo, onde se licenciou como segundo tenente en 1856.

Carreira militar Entre 1862 e 1871 loitou na intervención aliada en México e na Guerra da Restauración en Santo Domingo. Casou un ano despois con María del Carmen Arce y Gutiérrez. Loitou na Terceira guerra carlista, ascendendo a coronel en 1873, a brigadier en 1874, e foi nomeado Capitán Xeral de Granada en 1875. En 1876, foi destinado a Cuba para loitar contra os separatistas, o que lle valeu o ascenso a tenente xeral.

Carreira política Entre 1879 e 1886, foi deputado por Cartaxena e, posteriormente, senador por Canarias (entre 1885-1886) e por Santa Clara, Cuba (en 1886).​ Adscrito aos liberais, entre marzo de 1887 e xuño de 1888 foi nomeado Ministro da Guerra. Malia que Sagasta esperaba que non houbese maiores problemas por querer executar reformas,Payne (1968), p. 49 o 22 de abril de 1887, presentou un ambicioso proxecto de reformas do Exército.

Reformas Estas incluían que, a partir, dos 20 anos, tódolos homes terían que realizar un servizo militar de 12 anos no país, ou 8 nas colonias; pretendeu acabar co inxusto sistema de redención do servizo militar, que subiu até 2 000 pesetas e só para aceptado para o servizo nas colonias.Payne (1968), p. 50 Tamén quixo reformar o sistema de ascensosNúñez Florencio (1990), pp. 65-66 de tal xeito que, en épocas de paz, tódolos ascensos chegarían até o grao de coronel exclusivamente por antigüidade e, en épocas de guerra, só por méritos de guerra. A partir de coronel, remataría a carreira militar e só se ascendería por elección. Pretendeu crear un corpo de Estado Maior moderno en cada unha das pólas do Exército. Finalmente, prevía a eliminación dos dobres ascensos e a creación dunha Caixa de Préstamo Militar para acabar coa precariedade de moitos oficiais.

O programa provocou moitas queixas, algunhas expresadas dende os xornais que representaban a opinión militar como El Ejército Español e, finalmente, fracasou por considerarse socialmente radical, aínda que foi a semente das reformas levadas a cabo, xa no século seguinte, por José Canalejas e Manuel Azaña.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en 1837 Categoría:Finados en 1890 Categoría:Nados en Hellín Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de España Categoría:Políticos do Partido Liberal (España)