SCATSAT-1 é un satélite artificial da ISRO lanzado o 26 de setembro de 2016 mediante un foguete PSLV-G desde o Centro Espacial Satish Dhawan.

Características A finalidade de SCATSAT-1 é continuar o traballo do satélite Oceansat-2 na súa misión de observación da Terra mediante técnicas de dispersometría para proporcionar datos para os servizos de meteoroloxía, detección de ciclóns e seguimento para usuarios. O satélite leva a bordo o dispersómetro OSCAT-2 similar ao OSCAT que voou en Oceansat-2, funcionando en banda Ku e con varias melloras tanto en hardware como en software. O satélite en si usa o bus IMS-2.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos PSLV-G Oceansat-2

Ligazóns externas Web de SCATSAT-1 na ISRO

Categoría:Satélites artificiais