O satirión morado, Orchis mascula,Ficha no libro Guía das orquídeas de Galicia de Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións é unha orquídea de hábito terrestre que se distribúe pola Europa mediterránea e noroeste de África.

Descrición miniatura|Orchis mascula planta. miniatura|Orchis mascula, roseta foliar con talo da inflorescencia. As follas son oblongas cunha lonxitude de 8 cm xeralmente con manchas desiguais de cor purpúrea marrón escura. Tamén presenta bráctea que envolve o talo na maior parte da súa lonxitude. As follas crecen desde os nódulos subterráneos que teñen un tamaño máximo de 6 cm e son elipsoides.

A inflorescencia que é erecta en espiga con forma oblonga, sae da roseta basal de 5 a 10 follas oblongo lanceoladas que ás veces están xaspeadas de puntos púrpura marronáceos. O talo de 7,5 a 12,5 cm de lonxitude. Presenta unha densa floración en forma oblonga con flores pequenas . O tres sépalos son iguais en tamaño estando soldados polos lados quedando os ápices soltos en 2/4 partes, estes extremos soltos dos dous laterais cúrvanse cara arriba e lixeiramente cara a ambos os lados. Forman unha especie de gorra que cobre a columna. Os sépalos presentan unha cor uniforme púrpura forte. O labelo sobresae debaixo do casco 3/4 partes. É de cor púrpura como os sépalos, no centro ten unha liña branca máis ancha na base e estréitase até desaparecer a metade do labelo xaspeada de puntos púrpura de cor máis intensa que o do resto da flor. O labelo presenta tres lóbulos, o central lixeiramente máis ancho que os dous lóbulos que hai un a cada lado que están lixeiramente arqueados cara a dentro e cara arriba. Ten ademais dous pétalos case tan grandes como os sépalos de cor rosa esbrancuxada que cobren á columna por baixo de sépalos. Florece dende marzo até xuño. A cor pode variar desde esbrancuxada a diferentes tons de rosa e púrpura.

Distribución e hábitat Desenvólvese en prados e terreos á luz solar directa ou media sombra.

Atópanse no Mediterráneo e noroeste de África.

Taxonomía Orchis mascula foi descrita por Linné e publicada en Flora Suecica 310. 1755.

Etimoloxía

Estas orquídeas reciben o seu nome do grego όρχις "orchis", que significa testículo, pola aparencia dos tubérculos subterráneos nalgunhas especies terrestres. A palabra 'orchis' usouna por primeira vez Teofrasto (371/372 - 287/286 a. C.), no seu libro "De historia plantarum" (A historia natural das plantas). Foi discípulo de Aristóteles e está considerado como o pai da Botánica e da Ecoloxía.

mascula: epíteto latino que significa macho, masculino.En Epítetos Botánicos

Sinonimia

miniatura miniatura

Orchidactyla kromayeri (M.Schulze) Borsos & Soó 1966; Orchidactyla pentecostalis (Wettst. & Sennholz) Borsos & Soó 1966 ; Orchidactyla speciosissima (Wettst. & Sennholz) Borsos & Soó 1966; Orchis brevicornis var. fallax De Not. 1844; Orchis cochleata Fleischm. & M.Schulze 1902; Orchis compressiflora Stokes 1812 ; Orchis fallax (De Not.) Willk. in Willk. & J.M.C.Lange 1861 Orchis glaucophylla A.Kern. 1864 Orchis kromayeri M.Schulze 1904 Orchis mascula f. longifolia Landwehr 1977 Orchis mascula subsp. occidentalis O.Schwarz 1949 Orchis mascula subsp. signifera (Vest) Soó 1927 Orchis mascula subsp. speciosa (Mutel) Hegi 1909 Orchis mascula subsp. tenera (Landwehr) Del Prete 1999 Orchis mascula subsp. wanjkovii (E.Wulff) Soó 1932 Orchis mascula var. acutiflora W.D.J.Koch 1837 Orchis mascula var. bicolor Balayer 1986 Orchis mascula var. fallax E.G.Camus 1889 Orchis mascula var. hostii Patze, E.Mey. & Elkan 1848 Orchis mascula var. maritzii J.A.Guim. 1887 Orchis mascula var. monsignatica Font Quer 1928 Orchis mascula var. obtusiflora W.D.J.Koch 1837 Orchis mascula var. speciosa Mutel 1836 Orchis mascula var. tenera Landwehr 1977 Orchis monsignatica (Font Quer) Rivas Goday 1941 Orchis morio f. mascula L. 1753 Orchis morio var. mascula L. 1753 Orchis obtusa Schur 1866 Orchis obtusiflora Schur 1853 Orchis olivetorum Gren. ex Nyman 1882 Orchis ovalis F.W.Schmidt 1791 Orchis parreissii C.Presl 1845 Orchis patens var. fallax (De Not.) Rchb.f. 1851 Orchis pentecostalis Wettst. & Sennholz 1889 Orchis signifera Vest 1824 Orchis speciosa Host 1831; Orchis speciosissima Wettst. & Sennholz 1889; Orchis stabiana Tenore 1833; Orchis tenera (Landwehr) Kreutz 1991; Orchis untchji M.Schulze 1907; Orchis vernalis Salisbury 1796; Orchis wanjkovii E.Wulff 1930; Orchis wilmsii K.Richt. 1890

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Leroy-Terquem, Gerald e Jean Parisot. Orchids: Care and Cultivation. Londres: Cassel Publishers Ltd., 1991. Schoser, Gustav. Orchid Growing Basics. Nova York: Sterling Publishing Co., Inc., 1993. White, Judy. Taylor’s Guide to Orchids. Frances Tenenbaum, Series Editor. Nova York: Houghton-Mifflin, 1996. Alec Pridgeon. The Illustrated Encyclopedia of Orchids. Publicado por Timber Press. Bechtel, Cribb e Launert. The Manual Of Cultivated Orchid Species. Publicado por The MIT Press. Williams, N. H. 1972. A reconsideration of Ada and the glumaceous brassias. Brittonia 24: 93–110.

Outros artigos Orchis morio Polinización en orquídeas Características das orchidáceas

Categoría:Plantas descritas en 1755 Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Orchis Categoría:Orquídeas de Galicia