Vasumitra (sánscrito: असुमित्र; IAST: Vasumitra; chinés tradicional: 婆須蜜多; pinyin: Póxūmìduō; xaponés: 世友; Hepburn: Seiyū) foi un monxe budista da escola Sarvastivada, que viviu durante o século II. Nado en Gandhāra, presidiu o Cuarto Concilio Budista de Kaṣmir, administrado por Kanishka I. Contribuíu ao Mahāvibhāṣā.

Biografía Vasumitra foi o oitavo patriarca do zen. Segundo a tradición da escola sōtō zen, viaxou por diversas vilas divulgando a súa doutrina, asubiando e bailando, polo que a xente o considerou un tolo. O monxe dedicou moitos esforzos ao estudo dos textos sagrados do budismo, en especial o Tripitaka. Foi un dos redactores do Mahāvibhāṣā.

Pensamento Vasumitra propuxo que os dharmas existen no pasado e no futuro, así coma no presente, unha idea típica da escola Sarvastivada. Segundo a súa tese, os dharmas están nun estado latente no futuro, até que adquiren eficiencia causal (karitra) no presente, entrando en relacións funcionais con outros fenómenos. Cando este momento remata, os dharmas volven a entrar nun estado latente que coñecemos como pasado. A teoría da temporalidade de Vasumitra impúxose sobre outras alternativas, como as dos monxes Dharmatrāta, Ghoṣa ou Buddhadeva.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Keizan (2002). Transmission of LIght: Zen in the Art of Enlightenment by Zen Master Keizan. Tradución ao inglés de Thomas Cleary. Shambhala Publications.

Ligazóns externas

Vasumitra (Tibetan Buddhist Encyclopedia) Vasumitra (The Sokka Gakkai Buddhism Dictionary)

Categoría:Budismo Categoría:Filósofos da India Categoría:Clero budista