En bioloxía unha poboación é un conxunto de individuos da mesma especie que ocupan unha área concreta nun momento determinado.
As poboacións poden estudarse dende dous puntos de vista: a distribución no tempo e a distribución no espazo dos organismos.
Dinámica das poboacións Estuda a distribución nos tempos a través dos seguintes parámetros: natalidade. Relación entre o número de nacementos por unidade de tempo e o tamaño da poboación. mortalidade. Relación entre o número de mortes por unidade de tempo e o tamaño da poboación. inmigración. Relación entre o número de individuos procedentes doutras poboacións por unidade de tempo e o tamaño da poboación. emigración. Relación entre o número de individuos que deixan a poboación por unidade de tempo e o tamaño da poboación. Para calcular o tamaño dunha poboación emprégase a taxa de crecemento, que é a relación entre a variación do número de individuos e o colectivo inicial. A taxa de crecemento máxima ou teórica chámase potencial biótico.
Distribución espacial Os organismos dunha poboación poden distribuírse no espazo de tres formas: ao azar, por especies que non forman grupos, en ambientes uniformes uniforme, en ambientes desfavorables onde se establecen relacións de competencia en grupos ou agregados, porque representa unha vantaxe para a supervivencia nun medio heteroxéneo.
Véxase tamén
Bibliografía
Edward O. Wilson, N. A. Wilson, William H. Bossert, Willam A. Bossert (1971). A Primer of Population Biology. Sinauer. Hastings, Alan (1997). Population Biology: Concepts and Models. New York: Springer. ISBN 0387948627
Outros artigos Biocenose Xenética de poboacións Relación interespecífica Sistema dinámico
Categoría:Termos zoolóxicos Categoría:Ecoloxía de poboacións Categoría:Evolución Categoría:Ecosistemas