José Luis Pérez Añón, nado en Santa Comba en 1957, é un político galego do PPdeG, que foi alcalde de Laxe.
Traxectoria De profesión anestesista, o primeiro contacto coa política foi en 1983, cando foi incluído na lista de Arufe Rieiro por Alianza Popular foi electo concelleiro en Santa Comba. Aos poucos, tivo como destino profesional Curtis, e nas eleccións de 1991, foi un dos tres concelleiros do Partido Popular.
Posteriormente, estivo en Laxe e foi captado polo alcalde popular Antonio Castro Lema. Tras dous mandatos, Pérez Añón, abandonou o PP e montou unha candidatura independente, Independentes por Laxe (IxL) e nas eleccións de 2007, saíu como único concelleiro da candidatura independente e revalidou a elección nas municipais de 2011. Nas eleccións de 2015, volveu como candidato do PP e foi o candidato máis votado mais perdeu a alcaldía a mans do PSdeG-PSOE, apoiado polo BNG e tivo que permanecer na oposición. Nas eleccións de 2019, conseguiu a alcaldía con maioría absoluta que revalidou nas de 2023, malia perder 200 votos. O 21 de febreiro de 2004 presentou a súa renuncia por problemas coronarios.El corazón obliga a José Luis Pérez a dejar la alcaldía de Laxe: «Hoxe é un día moi complicado para min»
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Eleccións municipais en Laxe
Categoría:Concelleiros de Santa Comba
Categoría:Concelleiros de Curtis
Categoría:Alcaldes de Laxe
Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG
Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia
Categoría:Nados en Santa Comba Categoría:Nados en 1957