Santiago de Fonteita é unha parroquia do concello do Corgo, na comarca de Lugo. A parroquia ten 7,5 quilómetros cadrados; limita ao norte coa parroquia de Queizán, ao sur coa de Castrillón, ao leste coa de San Martiño de Folgosa e ao oeste coa de Campelo e pertence ao arciprestado de Maestrescolia.
Os seus 217 habitantes (112 homes e 105 mulleres) repártense entre os lugares do Barrio, Chavín, Rubial, San Lorenzo, Sotolubián, Vilaboa e Vilamarín.
Historia Os primeiros datos históricos sobre a parroquia aparecen nun documento de 1027, no que dona Elvira, viúva do conde Bermudo Velaz, concédelle á catedral de Lugo a vila de Gomeán. A presentación do curato, que era de beneficio laical, correspondía ao herdeiro de Andres de la Reguera y Quiroga. A igrexa parroquial é de estrutura románica.
Lugares e parroquias Lugares de Fonteita
Galería de imaxes
Parroquias do Corgo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares do Corgo
Categoría:Parroquias do Corgo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior