1925 (MCMXXV) foi un ano común comezado en xoves segundo o calendario gregoriano.

Acontecementos 3 de xaneiro - Benito Mussolini proclama que está tomando poderes ditatoriais sobre Italia. 9 de xaneiro - Concepción Pérez Iglesias elixida alcaldesa de Portas, primeira muller alcaldesa de España. 8 de setembro - Desembarco de Alhucemas: tropas franco-españolas desembarcan na baía de Alhucemas, para liquidar a resistencia anticolonial marroquina dirixida por Abd-el-Krim. miniatura|Crónicas históricas de la villa de Bayona por Herminio Ramos, Madrid, 1925.

Nacementos miniatura|150px|Mahathir bin Mohamad. 7 de xaneiro - Gerald Durrell, naturalista e escritor británico. 14 de xaneiro - Yukio Mishima, escritor xaponés. 18 de xaneiro - Gilles Deleuze, filósofo francés. 20 de xaneiro - Ernesto Cardenal, sacerdote católico nicaraguano, promotor da teoloxía da liberación. 26 de xaneiro - Paul Newman, actor estadounidense. 20 de febreiro - Robert Altman, director de cine estadounidense. 21 de febreiro - Sam Peckinpah, director de cine estadounidense. 5 de marzo - Luís Filipe Lindley Cintra, lingüista e filólogo portugués (m. 1991). 26 de marzo - Pierre Boulez, compositor e director francés. 19 de maio - Malcolm X líder dos movementos de reivindicación de dereitos para os afroamericanos. 25 de xuño - Alistair Te Ariki Campbell, escritor neozelandés (m. 2009). 10 de xullo - Mahathir bin Mohamad, primeiro ministro de Malaisia. 24 de xullo - Ignacio Aldecoa, escritor en lingua castelá. 15 de agosto - Oscar Peterson, músico canadense. 3 de outubro - Gore Vidal, escritor estadounidense. 5 de outubro - Antoine Gizenga, primeiro ministro da República Democrática do Congo. 13 de outubro - Margaret Thatcher, política británica. 22 de outubro - Robert Rauschenberg, pintor estadounidense. 31 de outubro - John Pople, químico británico, premio Nobel de Química en 1998. 8 de decembro - Carmen Martín Gaite escritora española. 9 de decembro - Ernest Gellner, filósofo checo. Bara Mbacké, relixioso senegalés e gran marabú do muridismo. (m. 2010). 20 de decembro - Oriol Bohigas, arquitecto catalán (m. 2021)

Mortes 22 de xaneiro - Fanny Bullock Workman, escaladora e escritora estadounidense. 24 de febreiro - Karl Hjalmar Branting, político sueco, premio Nobel da Paz en 1921. 12 de marzo - Sun I-Xian (Sun Yat sen), primeiro presidente da República da China (n. 1866). 13 de maio - Enrique Labarta Pose, escritor e xornalista galego (n. 1863). 3 de xuño - Manuel Comellas Coímbra, mestre, escritor e poeta do rexurdimento e intersecular. (n. 1853) 1 de xullo - Erik Satie, músico francés.

31 de xullo - Pedro Rodríguez Rodríguez, médico, historiador e escritor galego (n. 1949). 26 de xullo - Gottlob Frege, matemático alemán.

7 de agosto - Ricardo Mella, pedagogo anarquista galego. 20 de setembro - Paul Wayland Bartlett, escultor estadounidense. 29 de setembro - Léon Bourgeois, político francés, premio Nobel da Paz en 1920. 22 de outubro - Carolina Michaëlis de Vasconcelos, lingüista alemá, especializada en filoloxía galaico - portuguesa (n. 1851). 9 de novembro - Máximo Tomé González, xornalista galego. 9 de decembro - Pablo Iglesias Posse, galego, impulsor do movemento socialista español (n. 1850). 13 de decembro - Antonio Maura Montaner, político español, ministro e presidente do Goberno. 27 de decembro - Víctor de Silva Posada, historiador e xornalista galego (n. 1858).

Premios Nobel Física: James Franck e Gustav Ludwig Hertz Química: Richard Adolf Zsigmondy Medicina: Non concedido Literatura: George Bernard Shaw Paz: Sir Austen Chamberlain e Charles G. Dawes

Véxase tamén Outros artigos Historia ano a ano

Categoría:1925