As Illas Malvinas (en ) son un arquipélago do océano Atlántico meridional, na plataforma continental patagoa. As illas principais atópanse a 483 km ó leste da costa da Patagonia, en América do Sur, na latitude 52°S. O arquipélago, cunha área de 12 000 km², abrangue a illa Soidade, a illa Gran Malvina e 776 illas máis pequenas. É un Territorio Británico de Ultramar e conta cun autogoberno, mais o Reino Unido encárgase da súa defensa e das relacións exteriores. A capital das Malvinas é Stanley, na illa Soidade.
Existe unha gran controversia sobre a descuberta e posterior colonización das Malvinas polos europeos. En varios momentos, as illas tiveron asentamentos franceses, británicos, españois e arxentinos. O Reino Unido reafirmou o seu control sobre o arquipélago en 1833, malia que a Arxentina mantiña a súa reivindicación sobre as illas. En abril de 1982, forzas arxentinas ocuparon temporalmente o territorio. A administración británica restaurouse dous meses máis tarde, no final da guerra das Malvinas.
A poboación (3 662 habitantes en 2012) está constituída principalmente por nativos das illas, a maioría de ascendencia británica. Outras etnias inclúen franceses, xibraltareños e escandinavos. A inmigración procedente do Reino Unido, da illa de Santa Helena, no Atlántico Sur, e de Chile reverteu o decline da poboación. A lingua predominante (e oficial) é o inglés. De acordo cunha lei de 1983 aprobada polo Parlamento do Reino Unido, os malvineiros son considerados cidadáns británicos.
O arquipélago atópase no límite das zonas climáticas oceánica subantártica e de tundra e as dúas principais illas teñen cordilleiras que atinxen 700 metros de altura. Elas son o lar de grandes poboacións de aves, malia que moitas xa non se reproducen nas principais illas por mor da concorrencia con especies introducidas. As principais actividades económicas son a pesca, o turismo e a cría de ovellas, con énfase na exportación de la de alta calidade. A exploración de petróleo, licenciada polo Goberno das Illas Malvinas, permanece en controversia como resultado de disputas marítimas coa Arxentina.
Etimoloxía O nome anglófono do arquipélago, Falkland, foi inspirado polo "Falkland Sound" (), o estreito que separa as dúas illas principais do arquipélago. O nome "Falkland" foille dado ó canal por John Strong, capitán dunha expedición inglesa que desembarcou nas illas en 1690. Strong nomeou o estreito en homenaxe a Anthony Cary, 5º vizconde de Falkland, o tesoureiro da mariña que patrocinou a viaxe. O seu título de vizconde ten orixe na cidade de Falkland, Escocia, cuxo nome provén de folkland (terra sometida ó dereito-folk). O nome non foi aplicado nas illas até 1765, cando o capitán británico John Byron, da Mariña Real, as reivindicou para o rei Xurxo III como "Illas de Falkland". O termo "Falklands" é unha abreviatura padrón empregada para referirse ó arquipélago..
O nome castelán, Islas Malvinas, deriva do francés Îles Malouines, o nome dado para as illas polo explorador francés Louis Antoine de Bougainville en 1764. Bougainville, que fundou o primeiro asentamento humano das illas, nomeou a área en homenaxe ó porto de Saint-Malo (o punto de partida dos seus navíos e colonos). O porto, localizado na rexión da Bretaña, no oeste de Francia, recibiu ese nome por conta de San Malo (ou Maclou), o evanxelista cristián que fundou a cidade europea.
Na vixésima sesión da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, o Cuarto Comité determinou que en todas as linguas, agás o castelán, toda a documentación da ONU designaría o territorio como Falkland Islands (Malvinas). En castelán, o territorio é designado como Islas Malvinas (Falkland Islands). A nomenclatura utilizada polas Nacións Unidas para fins de procesamentos estatísticos é Falkland Islands (Malvinas).
Historia
Comezo da colonización europea miniatura|esquerda|upright|Louis Antoine de Bougainville.
Malia que existe a posibilidade de que tribos de amerindios fueguinos teñan visitado as illas en tempos precoloniais, o arquipélago estaba deshabitado no momento da súa descuberta polos europeos. As alegacións en canto á data da descuberta das illas roldan en torno do século XVI, mais non hai consenso sobre se estes primeiros exploradores descubriron as Malvinas ou outras illas do Atlántico Sur.Baseándose na súa análise sobre a descuberta das Illas Malvinas, o historiador neozelandés John Dunmore concluíu que "varios países poderían, polo tanto, facer algunha reivindicación sobre o arquipélago baixo a premisa de seren os primeiros descubridores: España, Países Baixos, Reino Unido, Italia e até mesmo Portugal..." O primeiro desembarque rexistrado nas illas é atribuído ó capitán inglés John Strong, que, camiño ó litoral do Perú e de Chile en 1690, descubriu o estreito de San Carlos, mais iso segundo a visión británica da historia da illa. Segundo a versión histórica contada pola Arxentina, deféndese que Fernão de Magalhães é o descubridor da illa, xa que a Arxentina e o resto de América Latina poden ser considerados colonias de España e de Portugal segundo a visión dos británicos.
O arquipélago permaneceu deshabitado até o estabelecemento de Port Louis na illa Soidade en 1764 polo capitán francés Louis Antoine de Bougainville e a fundación do asentamento de Port Egmont na illa Saunders (ou Trinidad) polo capitán británico John MacBride.En 1764, Bougainville reivindicou as illas en nome do rei Lois XV de Francia. En 1765, o capitán británico John Byron reivindicou as illas en nome de Xurxo III do Reino Unido. Aínda está en debate entre os historiadores se os asentamentos europeos eran conscientes da existencia uns dos outros. En 1766, Francia abandonou a súa reivindicación sobre as Malvinas en favor de España, que rebautizou a colonia francesa como Puerto Soledad no ano seguinte. Os problemas comezaron cando España descubriu Port Egmont e capturou o porto en 1770, o cal case provoca unha guerra que foi evitada pola restitución ó Reino Unido en 1771.
Ámbolos dous asentamentos, británico e español, coexistiron no arquipélago até 1774, cando novas consideracións económicas e estratéxicas dos británicos os levaron a retirarse voluntariamente das illas, deixando só unha placa onde reivindicaban o arquipélago para o rei Xurxo III. O español Vicerreinado do Río da Prata converteuse daquela na única presenza gobernamental no territorio. A illa Gran Malvina foi abandonada, e Puerto Soledad converteuse nun campo de prisioneiros na maior parte da súa existencia. Durante as invasións británicas do Río da Prata e durante as Guerras Napoleónicas en Europa, o gobernador das illas do arquipélago foi evacuado en 1806; o restante da gornición colonial española seguiu o seu exemplo en 1811, agás por gauchos e pescadores que permaneceron de forma voluntaria no arquipélago.
Disputa entre a Arxentina e o Reino Unido miniatura|Representación de Port Saint Louis ou Puerto Soledad por Dom Pernety, 1769.
Despois diso, o arquipélago só foi visitado por navíos de pesca; o seu status político era indiscutíbel até 1820, cando o coronel David Jewett, un corsario estadounidense que traballaba para as Provincias Unidas do Río da Prata, informou que os navíos ancorados en Buenos Aires en 1816 eran unha reivindicación dos territorios españois no Atlántico Sur..Segundo o analista legal arxentino Roberto Laver, o Reino Unido ignorou as accións de Jewett porque o goberno que el representaba "non era recoñecido nin por Gran Bretaña nin por calquera outro poder estranxeiro na época" e "ningún acto de ocupación seguiu após a reivindicación de pose". Como as illas non tiñan habitantes permanentes, en 1823 Buenos Aires concedeu ó comerciante Luis Vernet, nado en Alemaña, o permiso para realizar actividades de pesca e exploración de gando salvaxe no arquipélago.Antes de saír das Malvinas, Vernet selou a súa subención no Consulado Británico, repetindo iso cando Buenos Aires estendeu a súa concesión en 1828. A relación cordial entre o consulado e Vernet levouno a expresar "o desexo de que, no caso de os británicos retornaren para as illas, o Goberno do Reino Unido protexese a súa propiedade". Vernet asentouse nas ruínas de Puerto Soledad en 1826 e acumulou recursos nas illas até que fose seguro traer colonos e formar unha colonia permanente. Buenos Aires pasou a considerar Vernet o comandante militar e civil das illas en 1829 e el tentou regulamentar a pesca para parar as actividades de baleeiros e cazadores de focas estranxeiros. As actividades de Vernet duraron até unha disputa sobre os dereitos de pesca e caza que levou a unha incursión do navío de guerra estadounidense USS Lexington en 1831,Os rexistros do Lexington só relatan a destrución de armas e unha loxa, mais Vernet fai unha petición de indemnización ó Goberno dos Estados Unidos declarando que todo o pobo foi destruído. cando Silas Duncan, o entón comandante da Mariña dos Estados Unidos, tomou o asentamento de Puerto Soledad. miniatura|Representación da paisaxe das Malvinas, en 1849; pintura do almirante Edward Fanshawe, da Mariña Real Británica. miniatura|Predio histórico da "Falkland Islands Company" en Stanley. esquerda|miniatura|Billete de 10 pesos das Illas Malvinas, emitido por Luis Vernet ca. 1828 Buenos Aires tentou manter influencia sobre o asentamento a través da instalación dunha gornición, mais un motín en 1832 foi seguido no ano seguinte pola chegada de forzas británicas que reafirmaron o dominio do Reino Unido. A Confederación Arxentina (entón liderada polo gobernador de Buenos Aires, Juan Manuel de Rosas) protestou contra as accións británicasComo discutido por Roberto Laver, non só Rosas rompeu relacións con Gran Bretaña por mor da natureza "esencial" do "apoio económico británico", como tamén ofreceu as Malvinas "como unha moeda de cambio ... en troques do cancelamento da débeda da Arxentina de millóns de libras co banco británico Baring Brothers".En 1850, o goberno de Rosas ratificou o Tratado Arana–Southern, o que colocou "un fin ás diferenzas e restabeleceu relacións perfectas de amizade existentes" entre o Reino Unido e a Arxentina. e os gobernos arxentinos continuaron dende entón a rexistrar protestas oficiais contra o Reino Unido.A Arxentina protestou en 1841, 1849, 1884, 1888, 1908, 1927 e 1933, e fai protestas anuais nas Nacións Unidas dende 1946. As tropas británicas partiron despois de completar a súa misión, deixando a área como "unha especie de terra de ninguén". O vice de Vernet, o escocés Matthew Brisbane, volveu ás illas aquel ano para restaurar o asentamento, mais os seus esforzos remataron despois que, no medio de tumultos en Port Louis, o gaucho Antonio Rivero incitou un grupo de "descontentos" a asasinar a Brisbane e os líderes do asentamento; os sobreviventes escondéronse nunha caverna nunha illa preto de alí até que os británicos volveron e restauraron a orde. En 1840, as Malvinas convertéronse nunha colonia da coroa e colonos escoceses posteriormente estabeleceron unha comunidade pastoral oficial. Catro anos máis tarde, case todos foron realoxados en Port Jackson, considerado un lugar mellor para a sede do goberno, en canto o comerciante Samuel Lafone comezou unha iniciativa para incentivar a colonización británica..