Clement Richard Attlee, nado o 3 de xaneiro de 1883 e finado o 8 de outubro de 1967, foi primeiro ministro do Reino Unido dende o 27 de xullo de 1945 ata o 26 de outubro de 1951. O seu mandato comprendeu o final da segunda guerra mundial. Foi precedido por Winston Churchill, de cuxo gabinete de guerra formou parte, e foi sucedido tamén por Winston Churchill. Do Partido Laborista, foi o líder da organización entre 1935 e 1955, o período máis longo na historia do partido.
Traxectoria Procedente dunha familia acomodada, estudou en Oxford e exerceu como avogado, mais o seu traballo social no East End de Londres achegouno á pobreza urbana e levou a súa evolución cara ao socialismo.
Foi alcalde de Stepney, deputado por Limehouse, membro de gobernos laboristas anteriores á guerra e, durante a segunda guerra mundial, integrou o goberno de coalición de Winston Churchill, chegando a ser viceprimeiro ministro.
Logo da vitoria laborista de 1945, Attlee dirixiu un goberno de fondas reformas sociais nun Reino Unido empobrecido pola guerra.
Durante o seu goberno impulsouse a creación do Estado de benestar británico de posguerra, coa ampliación dos servizos sociais, a promoción de vivenda pública, a estalalización de sectores estratéxicos e a posta en marcha da sanidade pública coa fundación do NSH, o Servizo Nacional de Saúde do Reino Unido. Esta reforma foi liderada polo seu ministro de Sanidade, o político galés Aneurin "Nye" Bevan, considerado unha das figuras centrais na posta en marcha do sistema sanitario británico en 1948.miniatura|Clement Attlee con Xurxo VI|esquerdaNo plano exterior, o seu goberno apoiou o Plan Marshall e a creación da OTAN, e acelerou procesos de descolonización como a independencia da India, Paquistán, Birmania e Ceilán.
A pesar das dificultades económicas e da derrota electoral de 1951, Attlee adoita ser considerado un dos primeiros ministros máis importantes da historia británica contemporánea.
A pesar das dificultades económicas e da derrota electoral de 1951, Attlee foi situado por varias enquisas académicas entre os primeiros ministros británicos mellor valorados.
Notas
Véxase tamén
Nacionalización Descolonización de Asia Sanidade pública
Categoría:Primeiros ministros do Reino Unido Categoría:Políticos do Partido Laborista do Reino Unido Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Profesores da London School of Economics