Acontecementos 11 de xaneiro - Afonso XII desembarca en Valencia, procedente de Barcelona, e diríxese cara a Madrid para ocupar o trono de España. Ten lugar en Santiago de Compostela a Exposición Rexional de 1875.

Nacementos miniatura|Artigo sobre a reconquista de Vigo nunha portada dun FdV de 1875. 9 de xaneiro - Julio Herrera y Reissig, poeta uruguaio (m. 1910). 14 de xaneiro - Albert Schweitzer, teólogo e filósofo alemán, Premio Nobel da Paz (m. 1965). 4 de marzo - Mihály Károlyi, primeiro ministro de Hungría (m. 1955). 7 de marzo - Maurice Ravel, compositor francés (m. 1937). 19 de marzo - Zhang Zuolin, caudillo militar chinés (m. 1928). 26 de marzo - Syngman Rhee, primeiro presidente de Corea do Sur (1948-1960). 4 de maio - Ramiro de Maeztu, escritor e político español. 14 de maio - José Pan de Soraluce, político e diplomático galego (m. 1948). 13 de maio - Alfredo Fernández (Nan de Allariz), escritor galego. 6 de xuño - Thomas Mann, escritor alemán, premio Nobel de Literatura en 1929 (m. 1955) 9 de xuño - Henry Hallett Dale, fisiólogo británico, premio Nobel de Medicina en 1936 (m. 1968). 15 de xullo - Adolfo Díaz Recinos, presidente de Nicaragua (m. 1964). 23 de xuño - Carl Milles, escultor sueco. 26 de xuño - Carl Gustav Jung, psiquiatra suízo (m. 1961). 28 de xuño - Henri Léon Lebesgue, matemático francés. 24 de xullo - Manuel Gómez Román, arquitecto galego. 26 de xullo - Antonio Machado, poeta español. 9 de agosto - Artur Bernardes, presidente do Brasil (m. 1955). 9 de agosto - Albert Ketèlbey, compositor e pianista británico (m. 1959). 14 de agosto - María Vinyals, escritora e feminista galega. 14 de agosto - Eusebio Ayala, presidente de Paraguai (m. 1942). 16 de agosto - Juho Sunila, primeiro ministro de Finlandia (m. 1936). 11 de outubro - David Fernández Diéguez, matemático galego (m. 1936). 4 de decembro - Rainer Maria Rilke, poeta en lingua alemá nado en Praga (m. 1926).

Mortes 3 de xaneiro - Pierre Athanase Larousse, gramático, lexicógrafo e enciclopedista francés. 22 de febreiro - Charles Lyell, xeólogo escocés. 22 de febreiro - Camille Corot, pintor francés. 31 de maio - Alphonse-Louis Constant, máis coñecido como Éliphas Lévi, escritor e ocultista francés (n. 1810). 25 de xuño - Antoine-Louis Barye, escultor romántico francés (n. 1796). 4 de agosto - Hans Christian Andersen, escritor danés, famoso polos seus contos para nenos. 23 de setembro - Leoncio Rubín de Celis, militar e político galego (n. 1810).

4 de novembro - William T. Blodgett, empresario e coleccionista de arte estadounidense.

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1875