Cabo Verde (), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos. O arquipélago, está composto por dez illas grandes e cinco menores cunha superficie terrestre combinada duns 4033 km². Estas illas atópanse entre 600 e 850 km ao oeste de Cap-Vert, o punto máis occidental de África continental. As illas de Cabo Verde forman parte da Macaronesia (ecorrexión), xunto coas Azores, as Illas Canarias, Madeira e as Illas Salvaxes.

O arquipélago de Cabo Verde estivo deshabitado ata o século XV, cando os exploradores do Imperio Portugués descubriron e colonizaron as illas, establecendo así o primeiro asentamento europeo nos trópicos. Debido a que as illas de Cabo Verde estaban situadas nun lugar conveniente para desempeñar un papel no comercio de escravos atlántico, Cabo Verde fíxose próspero economicamente durante os séculos XVI e XVII, atraendo comerciantes, corsarios e piratas. Decaeu economicamente no século XIX tras a supresión da trata de escravos atlántica, e moitos dos seus habitantes emigraron durante ese período. Porén, Cabo Verde recuperouse gradualmente economicamente converténdose nun importante centro comercial e un punto de escala útil nas principais rutas marítimas. En 1951, Cabo Verde incorporouse como departamento de ultramar de Portugal, pero os seus habitantes continuaron facendo campaña pola independencia, que lograron en 1975.

Desde principios da década de 1990, Cabo Verde foi unha democracia representativa estable e segue sendo un dos países máis desenvolvidos e democráticos de África. A falta de recursos naturais, a súa economía en desenvolvemento está principalmente orientada aos servizos, cun foco crecente no turismo e no investimento estranxeiro. A súa poboación duns 483.628 habitantes (censo de 2021) é na súa maioría de herdanza mixta africana e europea, e predominantemente Católica Romana, o que reflicte o legado do dominio portugués. Existe unha importante comunidade de diáspora caboverdiana en todo o mundo, especialmente nos Estados Unidos e Portugal, que supera considerablemente os habitantes das illas. Cabo Verde é un estado membro da Unión Africana.

A lingua oficial de Cabo Verde é o portugués. É a lingua de instrución e de goberno. Tamén se usa en xornais, televisión e radio. A lingua nacional recoñecida é o crioulo caboverdiano, que é falado pola gran maioría da poboación.

Toponimia O seu nome provén da península de Cabo Verde, o extremo máis occidental do continente de África, cerca do cal sitúase a cidade de Dakar (Senegal).

Xeografía esquerda|miniatura|Imaxe satélite. Cabo Verde consiste nun arquipélago en forma de ferradura de dez illas (nove habitadas) e oito illotes, This article incorporates text from this source, which is in the public domain. situado no océano Atlántico, preto de 570 km. fronte ás costas do Senegal, formando parte da Macaronesia, as illas divídense espacialmente en dous grupos:

As Illas de Barlavento: Santo Antão, São Vicente, Santa Luzia, São Nicolau, Sal, Boa Vista; e As Illas de Sotavento: Maio, Santiago, Fogo, Brava.

Tres das illas de Cabo Verde, Sal, Boa Vista e Maio, son bastante planas, areosas e secas, as outras son xeralmente máis rochosas con máis vexetación. thumb|A praia de Calhau, co Monte Verde ao fondo, na illa de São Vicente

Na illa do Sal atópase o maior aeroporto internacional do país, o aeroporto Amilcar Cabral. Outras illas importantes son Santiago a máis grande e São Vicente, aquelas onde se atopan respectivamente a capital Praia, a principal aglomeración urbana do arquipélago e Mindelo.

As illas son de orixe volcánica, e na de Fogo existe un volcán activo. A maior parte das illas son montañas escarpadas cubertas de cinzas volcánicas, polo que hai pouca vexetación. O clima é seco e caloroso polo que ten un clima tropical seco, cunha media de temperatura de 20/25 °C. Nos meses de xaneiro e febreiro o arquipélago sofre a influencia de tempestades procedentes do Sáhara onde se dá a curta estación chuviosa.

Actualmente este país enfronta problemas ecolóxicos como a erosión, así como a desaparición de varias especies de aves, peixes e réptiles da rexión, ocasionados polo exceso de pastoreo, de cultivos, e de pesca. Desde hai máis de 30 anos sofre unha gran seca.

thumb|Un mapa topográfico de Cabo Verde

Historia Colonización Cando os portugueses colonizaron o arquipélago de Cabo Verde, no século XV, as illas facían xustiza a ese nome: cubertas por densa vexetación tropical, contrastando con rochas volcánicas negras e un mar azul. Non hai evidencia de que as illas estivesen poboadas antes do arribo dos colonos, pero considérase probable que os árabes visitasen a illa Sal, para proverse dese elemento, en séculos anteriores. En 1462, os primeiros colonos desembarcaron no que hoxe é Santiago e fundaron a máis vella cidade europea do trópico: Ribeira Grande (hoxe Cidade Velha). Os portugueses iniciaron o cultivo da cana de azucre: o clima seco non foi favorable, pero o desenvolvemento do comercio de escravos (provenientes a maioría da costa oeste de África), deu prosperidade a Cabo Verde. Catrocentos anos despois, a colonización transformou as illas nun «deserto flotante»: gran parte da poboación emigrou, fuxindo da fame.

Descubrimento Para os portugueses, as illas, entre África, América e Europa, eran dun importante interese estratéxico. No século XVI, Cabo Verde foi escala de navíos, que cargaban escravos cara a América (a escravitude foi abolida en 1876). O asalto reiterado de piratas ingleses, holandeses e franceses obrigou aos portugueses a trasladar colonos agricultores do Alentejo (situado ao sueste de Portugal e coñecido como o «celeiro» dese país), ao arquipélago: debido a unha agricultura pouco adecuada, acabaron co chan fértil, o que provocou, desde o século XVIII, secas periódicas que continúan no presente. A redución da agricultura, famosa entre os séculos XVII e XIX polo seu algodón provocou a emigración masiva de caboverdianos: a maioría cara a Guinea-Bissau (ex colonia portuguesa moi vinculada ao arquipélago); posteriormente continuaron emigrando cara a Angola, Mozambique, Senegal, Brasil e principalmente EUA. En 1800, a prosperidade das illas foi decaendo lentamente pola reiterada escaseza, fame, mala administración e corrupción do goberno colonial.

A loita pola independencia O status de illas cambiou en 1951 a provincia de ultramar. A loita pola liberación afirmou os lazos entre Guinea-Bissau e Cabo Verde (ver Guinea-Bissau). En 1956 creouse o Partido Africano para a Independencia de Guinea e Cabo Verde (PAIGC), con militantes comúns de ambos os lados: Amílcar Cabral, fundador e ideólogo, concibiu a loita e o desenvolvemento en conxunto a partir de economías complementarias. En 1961 comezou a guerrilla no continente africano, onde loitaron centenares de caboverdianos. En 1974 caeu o réxime colonial; logo dun goberno de transición, en 1975 proclamouse a independencia: por primeira vez no mundo, un mesmo partido o PAIGC gobernou dous países. Aristides Pereira foi presidente da República de Cabo Verde e, o comandante Pedro Pires o seu primeiro ministro. O PAIGC deu os primeiros pasos cara a unha federación entre Cabo Verde e Guinea-Bissau: as asembleas nacionais de ambos os países constituíron un Consello da Unión.

O país independente A partir de 1975, a área de bosques de Cabo Verde aumentou, de 3.000 a 45 mil hectáreas: o goberno previu en dez anos outras 75 mil, que autoabastecerían de leña á poboación; nas estacións chuviosas, homes e mulleres deixaban fogares e oficinas para plantar árbores durante unha semana. Implantouse a reforma agraria, con prioridade na produción de alimentos, para consumo da poboación (producíase só o 5%), no canto de favorecer cultivos de exportación característicos do período colonial; a pesar destas accións, a produción agrícola decaeu por grandes secas e o goberno afanouse a promover a pesca.

Cabo Verde apoiou a Angola na segunda guerra de liberación (ver Angola), debido a que permitiu a ponte aérea de avións cubanos no arquipélago, axudando a derrotar a invasión do territorio angolano por tropas de Zaire e Suráfrica e adoptou unha política de non aliñamento, garantindo que non se instalarían bases militares estranxeiras.

En 1981, cando o PAIGC discutía unha nova Constitución para Guinea e Cabo Verde, foi deposto o presidente Luiz Cabral, de Guinea-Bissau. João Bernardino Vieira asumiu no seu lugar e foi hostil á integración con Cabo Verde. Ese ano, o PAIGC realizou en Cabo Verde un congreso de urxencia debido aos cambios políticos en Guinea-Bissau. Logo de ratificar os principios de Cabral, cambiou o seu nome a Partido Africano para a Independencia de Cabo Verde (PAICV), separándose organicamente do partido de Guinea. As relacións de ambos os gobernos foron tensas, ata que a mediación, en 1982, de Angola e Mozambique, logrou que o presidente mozambicano Samora Machel, reunise en Maputo a Pereira (reelecto en 1981), e a Vieira. Na Conferencia de ex Colonias Portuguesas en África (1982), realizada en Cabo Verde (cidade de Praia), Vieira participou xunto aos seus colegas de Angola, Mozambique, Cabo Verde e São Tomé: as relacións diplomáticas foron normalizadas, aínda que o partido non se reunificou e os plans de unión foron arquivados.

En 1984, a seca reduciu as colleitas 25% respecto de cinco anos antes, o déficit da balanza comercial foi de 70 millóns de dólares e a débeda externa situouse en 98 millóns de dólares: o sistema de distribución de alimentos e a eficiente xestión estatal evitaron que o país caese na fame negra. Pobre en recursos naturais, con só o 10% da terra cultivable, Cabo Verde é altamente dependente da comida importada, introducida sobre todo baixo forma de axuda humanitaria: a escaseza obrigou ao país a depender da axuda estranxeira, complicando os proxectos do «primeiro Plan de Desenvolvemento». En 1986, o «Segundo Plan de Desenvolvemento» deu prioridade ao sector privado da economía, (sobre todo ao informal), e combateuse a desertificación: a meta foi recuperar ata 1990 máis de cinco mil hectáreas de terra e pór a funcionar un sistema único de administración e distribución da reserva de auga do país. Na primeira etapa, construíronse máis de 15 mil diques de contención de augas pluviais e se forestaron 23.101 hectáreas. A pesar da seca, aumentou a produtividade agropecuaria, que abasteceu case totalmente de carne e hortalizas á poboación, sen recorrer á importación.

En 1991, Antonio Mascarenhas Monteiro (quen presidiu por unha década a Corte Suprema de Xustiza), foi electo presidente, nas primeiras eleccións libres e multipartidarias do país: iniciouse a transición a unha economía de mercado, privatizando empresas de seguros, pesca e bancos, segundo as esixencias dos organismos internacionais. A axuda externa era o 46% do PBI, un 15 % máis proviña das remesas de diñeiro dos 700.000 caboverdianos residentes no exterior. O goberno do MPD (centrista), enfrontou un desemprego do 25 % e anunciou a reestrutura do Estado. En 1993, comezou a redución á metade de 12 mil funcionarios públicos, á vez que liberou gradualmente os prezos. O orzamento de 1994, a pesar de recortar o gasto público, aumentou o investimento público (en transporte, telecomunicacións e desenvolvemento rural): de 80 millóns de dólares en 1993 a 138 millóns en 1994.