Jean François Antoine Bovy, nado en Xenebra o 14 de decembro de 1795 e finado na mesma cidade o 18 de setembro de 1877, foi un deseñador e gravador de medallas e de moedas suízo, naturalizado francés, coñecido por ser o creador das primeiras moedas de prata en francos suízos como unidade monetaria federal.
Traxectoria A familia Bovy, orixinaria de Saint George, no cantón de Vaud, instalárase en Xenebra a finais do século XVIII.Henseler, M. A. (1883). Páxina 24. Jean François Antoine Bovy naceu nesa cidade o 14 de decembro de 1795,Bénézit, E. (1939).Forrer, L. (1904). Páxina 243. o maior dos cinco fillos de Carlotte Élisabeth de Choudens (1774-1837) e de Jean-Samuel Bovy (1763-1837),"Jean-Samuel Bovy". Bibliotheque de Genève (Bge-geneve.ch). xoieiro e mecánico e director da Casa da Moeda de Xenebra."Jean François Antoine dit ALLAND-BOWY". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS.fr)."Antoine Bovy". Dictionaire historique de la Suisse (DHS).
Tres dos irmáns de Antoine foron tamén artistas: Marc-Louis Bovy (1805-1890),"Nécrologie : Marc-Louis Bovy". En Bulletin de la Société suisse de Numismatique. Vol. 9. Nº 4. 1890. gravador e mecánico; Jules Bovy (1810-1844),"Jules Bovy". Bibliotheque de Genève (Bge-geneve.ch). pintor e gravador; e o pintor Henri-Daniel Bovy (1812-1862)."Henri Daniel Bovy". Bibliotheque de Genève (Bge-geneve.ch). Antoine comezou como aprendiz no taller profesional do seu pai, gravando punzóns.
En 1820 casou en Xenebra con Constance Michaud. En 1824, cando xa fixera os seus primeiros traballos como artista, foi enviado a París para estudar co escultor James Pradier,"Notices biographiques: Antoine Bovy". En Revue Suisse de Numismatique. 1891. Société Suisse de Numismatique. Páxinas 317-318. que era profesor na Escola Superior de Belas Artes. En 1830, levou a súa muller e os seus tres fillos pequenos á capital francesa, na que se instalou,Henseler, M. A. (1883). Páxina 25. e a partir de 1831 comezou a expor regularmente no Salón de París (ata 1865).Larousse, P. (1867).
Nesa cidade intentou presentarse a un concurso para o deseño das novas moedas francesas mais, malia a sona que adquirira xa como artista, non lle foi posible, xa que non cumpría a condición de ser un cidadán francés. Este problema motivouno para se naturalizar como francés en 1835, e ese mesmo ano gañou unha medalla de ouro de gravado. En 1843, foi nomeado Cabaleiro da Lexión de Honra,"Bovy, Jean Françoise Antoine". Archives Natiuonales. Base de donées Léonore. como recoñecemento á excelencia da súa medalla conmemorativa da construción das liñas de ferrocarril francesas, feito que repercutiu a súa sona e que lle supuxo un notable incremento das encargas de medallas non só en Francia, senón tamén en Suíza.
Os seus irmáns, Marc-Louis —director, como o seu pai, da Ceca de Xenebra— e Jules, cuñaron as medallas gravadas por Antoine, e constituíron a empresa Bovy Frères et Cie., que utilizou unha prensa de cuñaxe construída polo seu pai, Jean Samuel.
Antoine gravou varias medallas retratando a personaxes tan significativos como Frédéric Chopin (1837)"Chopin Profile. Antoine Bovy 1837". Artsandculture.google.com —que lle deu clases de piano ao seu fillo Charles-Samuel—, Alexander von Humboldt (ca. 1859),"Alexandre de Humboldt (1769-1859), géographe". Paris musées (Parismuseescollections.paris.fr). a emperatriz consorte Uxía de Montijo (1870),"Portrait de l'impératrice Eugénie de Montijo, 1870". Paris musées (Parismuseescollections.paris.fr). e Charles Dupin (1868),"Pierre Charles François, baron Dupin (1784-1873)". Paris musées (Parismuseescollections.paris.fr). ou conmemorando a inauguración de eventos diversos, como a inauguración do museo español no Louvre (1839) ou a do Palacio de Cristal da Exposición Universal de Londres de 1862."Jean-François-Antoine Bovy". En Forrer, L. (1898). Páxinas 298-300.
miniatura|esquerda|248x248px|Moeda de 2 francos (1850) da serie de Helvetia sedente, gravado por Bovy a partir dun deseño de Friedrich Fisch."2 francs Helvetia assise". Fr.numista.com
A partir de 1850, en asociación coa Monnaie de Paris, foi un dos gravadores dos cuños utilizados para a serie de moedas suízas de ½, 1, 2 e 5 francos, baseadas en deseños de Friedrich Fisch caracterizados pola figura alegórica nacional de Helvetia sedente nos seus anversos."½ franc", "1 franc", "2 francs", "5 francs" ("Helvetia assise"). Fr.numista.com Logo encomendóuselle tamén o gravado dunha segunda serie en 1873,Forrer, L. (1904). Páxinas 243-244. a partir de deseños de Albert Walch, coa representación de Helvetia en pé,"½ franc", "1 franc", "2 francs" ("Helvetia debout"). Fr.numista.com que continúa en uso no século XXI —agás a moeda de 5 francos—, o que converte estes deseños nuns dos máis antigos en circulación."½ franc", "1 franc", "2 francs" ("Helvetia debout" cupronickel). Fr.numista.com"La fabuleuse histoire du franc suisse ". En La Liberté. 9 de xaneiro de 2009.
miniatura|esquerda|Moeda de 2 francos de 1995, que reproduce aínda o gravado de Bovy para a serie de Helvetia en pé."2 francs Helvetia debout cupronickel". Fr.numista.com|248x248px
Antoine Bovy pasaba todos os veráns en Xenebra e, logo do pasamento da súa esposa en 1864, decidiu deixar París e instalarse alí en 1873. Os seus gravados das moedas federais suízas foron os derradeiros da súa carreira, xunto con senllos bustos, tamén de 1873, de dous profesores do Conservatorio de Música de Xenebra, un deles o seu propio fillo Charles-Samuel, creado pouco despois do falecemento deste. Ambos os bustos forman parte da colección do conservatorio.Henseler, M. A. (1883). Páxinas 25-26.
En 1877, Bovi instalouse na casa dunha das súas dúas fillas, próxima a un lago en Rives de Prégny, Xenebra, para pasar alí a final do verán. Alí a súa saúde comezou a debilitarse, ata que faleceu o día 18 de setembro.Henseler, M. A. (1883). Páxina 26. O seu corpo foi soterrado no cemiterio de Pregny.Kathari, S.; Riliet, N. (2009). Histoire et Guide des cimetières genevois. Éditions Slatkine, Xénova. Páxina 370. ISBN 978-2-8321-0372-2
En 1875, Gustave Courbet pintou un retrato seu, que hoxe está nunha colección privada. O seu sobriño, Auguste Baud-Bovy, tamén o retratou, en óleo sobre lenzo, e o cadro consérvase no Museo de Arte e Historia de Xenebra.
Pierre Larouse, no seu dicionario enciclopédico do século XIX, valoraba así as calidades artísticas de Antoine Bovy:
Escolma de traballos
Bovy produciu case 200 obras, entre moedas, fichas e medallas, entre as que se inclúen numerosas medallas conmemorativas e moedas para as casas da moeda de Francia, de Xenebra e de Suíza.Forrer, L. (1904). Páxinas 245-247.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Bénézit, E. (1939). "Bovy (J.-F.-Antoine)". Dictionnaire des peintres, sculpteurs, dessinateurs et graveurs. Tomo 1. Gründ, París. Páxina 722. Campagnolo, M. (1998). "Une monnaie pour la Suisse: Antoine Bovy ou la contribution genevoise". En Gazette numismatique suisse. 190. Páxinas 48-49. Chaponnière, O.; Durand, R. (2017). Antoine Bovy & le franc suisse. L'or de la Suisse. Une collection unique de documents monétaires. Chaponnière & Firmenich. ISBN 9782940574001 Forrer, L. (1898). "Médailles gravées par des artistes d'origine suisse". En Revue suisse de numismatique. Société suisse de numismatique. Vol. 8. Páxinas 295-326. Forrer, L. (1904). "Bovy, Jean François Antoine". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol. 1. Spink & Son, Londres. Páxinas 243-247. Henseler, M. A. (1881). Antoine Bovyy sa vie etses principales oeuvres. Friburgo. Henseler, M. A. (1883). "Antoine Boby". En Bulletin de la Société suisse de Numismatique. SSN. Vol. 2. Nº 2. Páxinas 24-27. Larousse, P. (1867) "Bovy (Antoine)". En Grand dictionnaire universel du XIXe siècle. Tomo II. París. Páxina 1.169.
Categoría:Nados en 1795 Categoría:Nados en Xenebra Categoría:Finados en 1877 Categoría:Deseñadores de moeda de Francia Categoría:Deseñadores de moeda de Suíza Categoría:Medallas Categoría:Escultores de Suíza Categoría:Escultores de Francia Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Alumnos da École des Beaux-Arts Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra