Luis Eduardo Quintero Hernández, nado en Alacant, o 12 de outubro de 2004, é un futbolista hispano-colombiano que xoga como extremo dereito no Torreense, da Segunda Liga de Portugal. É internacional coas categorías inferiores da selección de Colombia.

Traxectoria Naceu en Alacant, sendo fillo de inmigrantes colombianos naturais de Palmira, no departamento de Valle del Cauca. Formouse como futbolista nas categorías inferiores do Elche e do Kelme, antes de ingresar en 2017 na canteira do Vilarreal. Nas tempadas 2020/21 e 2021/22 xogou na División de Honra co equipo xuvenil do CD Roda, equipo que mantén un convenio de colaboración co Vilarreal. De regreso no equipo amarelo, na tempada 2022/23 debutou co equipo C na Terceira División RFEF, nun partido ante o Rayo Ibense.

Na primeira metade da campaña 2023/24 xogou cedido no Amorebieta, da Segunda División, categoría na que debutou o 11 de agosto, nun empate 1-1 na casa ante o Levante. Disputou un total de 20 partidos co club vasco, saíndo en case todos dende o banco de suplentes.

O 31 de xaneiro de 2024 anunciouse a súa marcha do Amorebieta e a súa chegada ao Deportivo da Coruña, cedido cunha opción de compra. A súa vinculación co Deportivo e coa Coruña viña xa dende a súa infancia, pois pasaba os veráns na cidade galega, onde vivía parte da súa familia materna e onde se afeccionou ao Deportivo. Apenas contou coa confianza do adestrador do Imanol Idiakez, que só o aliñou durante 39 minutos repartidos en cinco encontros.

A continuación regresou ao Villarreal B, no que xogou durante a seguinte tempada e media, contabilizando 41 partidos e 4 goles. En xaneiro de 2026 fichou polo Torreense, da Segunda Liga de Portugal. Co conxunto de Torres Vedras fixo historia ao conquistar a Copa de Portugal, sendo ademais titular na final ante o Sporting.

Selección nacional Elixible para xogar tanto con España como con Colombia, escolleu a nacionalidade de seus pais, sendo convocado por primeira vez polas categorías inferiores da selección colombiania a principios de 2020, para un torneo sub-16 en Portugal, onde participou en partidos contra Alemaña, os Países Baixos e Portugal. En 2022 disputou coa selección sub-20 o Torneo Maurice Revello en Bocas do Ródano, acabando no cuarto lugar.

Vida persoal É curmán do tamén futbolista Juan Sebastián Quintero.

Palmarés Deportivo da Coruña Primeira Federación (1): 2023/24.

Torreense Copa de Portugal (1): 2025/26.

Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopa do ReiOutrosInclúe partidos de final de campións de Primeira Federación e promoción de ascenso á Primeira Liga.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesVillarreal C2022/233ª RFEF 3 0 --- - 30Amorebieta2023/24Segunda18020--200Deportivo da Coruña2023/241ª RFEF40--1050Villarreal B2024/251ª RFEF314----3142025/261ª RFEF100----100Total club4140000414Torreense2025/26Segunda Liga1213020171Total carreira 78 5 503 0 865

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente.com .

Categoría:Nados en 2004 Categoría:Nados en Alacant Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Futbolistas de Colombia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Villarreal CF C Categoría:Xogadores da SD Amorebieta Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Villarreal CF B