Pátria Galega foi unha revista da emigración galega que se editou en Buenos Aires entre 1982 e 1984.
Historia e características Fundada por Manuel Pedreira Rumbo, apareceu en 1982. De orientación galeguista, informou sobre Galicia e a súa realidade cultural, política e social. Entre os seus colaboradores figuraron José Benito Abraira, Bernaldo Souto, Francisco Freire de Busto, Hugo Rodino Lalín, Joám Couto, M. Antonia Luna Rodríguez, Valentín Paz-Andrade e Xerardo Álvarez Gallego. O último número coñecido é o 6, publicado en 1984.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega Ligazóns externas Ficha no Arquivo da Emigración
Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Cultura de Buenos Aires Categoría:Revistas da Arxentina