Ilulissat, antigamente Jakobshavn ou Jacobshaven,i.a., Lieber, Francis & al. Encyclopædia Americana: A Popular Dictionary of Arts, Sciences, Literature, History, Politics and Biography. "Greenland". B.B. Mussey & Co., 1854. é unha vila do concello de Avannaata, no oeste de Groenlandia. Cunha poboación de 4 737 habitantes en 2022, é a vila máis poboada e a capital municipal de Avannaata, así como a terceira cidade por número de habitantes de Groenlandia despois de Nuuk e Sisimiut.

En tradución directa, Ilulissat é a palabra groenlandesa para "icebergs". O fiorde de xeo de Ilulissat é Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, e fixo de Ilulissat o destino turístico máis popular de Groenlandia. O turismo é agora a principal actividade económica da vila.

Demografía A poboación aumentou máis dun 8% con respecto aos niveis de 1990, pero mantívose estable dende 2003.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Cidades e vilas de Groenlandia