Soiuz MS-11 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 3 de decembro de 2018 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz MS-11, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Oleg Kononenko, Anne McClain e David Saint-Jacques a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. Orixinalmente planificada para ser lanzada o 20 de decembro, o accidente da Soiuz MS-10 obrigou a adiantar a engalaxe da MS-11. Con esta misión retomáronse as operacións normais na ISS. A Soiuz chegou á estación seguindo unha traxectoria rápida de seis horas, acoplándose ao módulo Poisk e coa tripulación uníndose aos membros da Expedición 57, Sergei Prokopiev, Alexander Gerst e Serena Auñón-Chancellor. Despois da marcha da Soiuz MS-09 comezou oficialmente a Expedición 58 cos membros da Soiuz MS-11. Tras 204 días en órbita, a Soiuz MS-11 desacoplouse do módulo Poisk o 25 de xuño de 2019. A unha distancia adecuada da estación, a Soiuz acendeu o seu motor para frear o suficiente como para poñerse nunha traxectoria de reentrada, pero pouco despois de completarse o acendido saltou unha alarma indicando un problema co circuíto principal de propulsión. Os cosmonautas conmutaron ao circuíto secundario, que funcionou sen problemas ata a reentrada. A Soiuz 11 aterrou a 148 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Kazakhstán).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz FG Estación Espacial Internacional

Categoría:Programa Soiuz