Jules Clément Chaplain, nado en Mortagne-au-Perche, departamento de Orne, o 12 de xullo de 1839 e finado en París o 13 de xullo de 1909, foi un escultor, medallista, deseñador de moedas, debuxante e litógrafo francés."Chaplain, Jules Clément". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS.fr).
Traxectoria Jules Chaplain naceu no departamento de Orne en 1839, fillo de Joséphine Lazarine Nourry e de Jean-Pierre Ferdinand Chaplain, panadeiro establecido na rúa Bellême de Mortagne-au-Perche."Jules Clément Chaplan". Geneanet.orgPartida de Nacemento de Chaplain. Archives nationales, Léonore. O 8 de outubro de 1857 ingresou na Escola de Belas Artes de París para completar a súa formación artística, e alí estudou co escultor François Jouffroy e co gravador de medallas Eugène André Oudiné.Lami, S. (1914). Páxina 320.Forrer, L. (1904). Páxina 398.Mazerolle, F. (1897). Páxina 7.Migeon, G. (1900). Páxina 98.
Chaplain quedou segundo clasificado no Premio de Roma de gravado de medallas e pedra fina en 1860, e logo acadou o primeiro premio en 1863 pola súa medalla "Baco facendo beber unha pantera" e unha pedra gravada coa cabeza de Mercurio, o que lle permitiu ser residente en Villa Medici, Roma, de 1864 a 1867."Jules-Clément Chaplain (1839-1909), graveur médailleur français, Grand Prix de Rome en 1863". Nicolas-salagnac.com Durante a súa estadía alí creou unha boa cantidade de debuxos e deseños de medallas;Mazerolle, F. (1897). Páxina 8.Forrer, L. (1904). Páxina 399. Gaston Migeon sinalou que nesa etapa executou "algúns fermosos debuxos a partir das obras de pintura máis famosas da pintura de Roma".
Durante a década de 1860 expuxo no Salón de París diversas obras da súa primeira época, entre elas bustos, medallóns de retrato, fichas e varias medallas, como a da Exposición Universal de 1867. Nos salóns de 1870 e 1872 recibiu senllos premios e, finalmente, no Salón de 1878 acadou a medalla de ouro de primeira clase. Igualmente, obtivo un dos grandes premios na Exposición Universal de 1900.Lami, S. (1914). Páxina 321.
miniatura|esquerda|220x220px|Retrato de Jules Clément Chaplain gravando unha medalla.
En 1870, xunto co arqueólogo helenista Albert Dumont (1842-1884), recibiu a encarga do Ministerio de Instrución Pública de estudar e investigar as orixes dos vasos gregos pintados. Non puideron comezar este traballo ata despois da guerra franco-prusiana de 1870, xa que ambos se incorporaron ao servizo de ambulancias durante a contenda. Esta investigación estivo acompañada dunha misión a Grecia, Albania e Dalmacia,Gras, M.; Poncet, O. (2015) Construire l'institution : l'École française de Rome, 1873-1895. École française de Rome, 2015. ISBN 978-2-7283-1030-2 e ao seu remate as conclusións foron publicadas en varios números do Journal des savants en 1872 e 1873,Dumont, A.; Chaplain, J. (1873). "Les vases peints de la Grèce propre". En Le journal des savants. Setembro-decembro de 1872 / agosto setembro de 1873. e posteriormente nunha monografía publicada en 1888 en dous volumes, con textos de Dumont e os debuxos de Chaplain.Dumont, A., Chaplain, J. (1888). Les céramiques de la Grèce propre. 1e part: Histoire de la peinture des vases grecs. / 2e part: Mélanges archéologiques. Firmin-Didot, París.Mazerolle, F. (1897). Páxina 9. Raymond Poincaré escribiu ao respecto: "Nunha estreita e frutífera colaboración, os dous amigos estudaron todos os vasos antigos, hydriai e lekythoi, copas e ánforas, cráteras e cántaros, e Chaplain reproduciunos fielmente en láminas que expresan o seu relixioso respecto pola beleza antiga"."Inauguration du monument élevé à la mémoire de Jules Chaplain, à Paris: Discours de M. Raymond Poincaré". Académie française (Academie-francaise.fr). miniatura|199x199px|Medalla titulada Marcel, Maurice, Louise et Suzanne Chaplain, coñecida tamén como Mes enfants (1886)."The Artist's Children". The Metropolitan Museum of Art (Metmuseum.org). O 11 de agosto de 1874, Jules Chaplain casou con Marie-Louise Dumont (1853-1922).Partida de matrimonio: "Mariages, 06. Nº 555. 1874 ". Paris archives (Archives.paris.fr). Os catro fillos que seguiron ao maior, Paul, falecido na infancia, foron Louise (1877-1951), Marcel (1879-1966), Suzanne (1882-1908) e Maurice (1884-1886), cuxos catro perfís aparecen xuntos nunha medalla que o artista realizou en 1886. Aínda que a medalla, que Chaplain asinou no centro, era "unha obra íntima e inicialmente destinada a permanecer no círculo familiar", como para "situar o pai no corazón dos irmáns", foi exposta no Salón de París de 1886 xunto con outras creacións súas cos bustos de Paul Baudry, Jean-Léon Gérôme e Victor Hugo.Schaal, K. (2017). "Mes enfants, par Jules-Clément Chaplain". Institut national d'histoire de l'art (INHA.fr).
Realizou medallas para as Exposicións Universais de 1867, de 1878 e de 1900, así como para os primeiros Xogos Olímpicos modernos de Atenas en 1896.Coubertin, P. et al. (1897). The Olympic Games B. C. 776 - A. D. 1896. 2nd Part. The Olympic Games in 1896. Atenas / Londres. Páxina 112. O seu obradoiro achábase na rúa Mazarine de París.
Ademais de pola súa creación de múltiples medallas, Chaplain é mundialmente recoñecido como gravador de dúas moedas de ouro cuñadas pola Monnaie de Paris, a de 10 francos e a de 20 francos Coq, emitidas entre 1899 e 1914. Estas moedas da Terceira República caracterízanse pola figura dun galo no seu reverso e unha representación alegórica da Marianne con barrete frixio no anverso, coroada con follas de carballo."10 francs", "20 francs (1898-1906)", "20 francs (1907-1914)". Fr.numista.comSchaal, K. (2021). Igualmente foi o gravador da moeda dun birr de Etiopía emitida a nome do emperador Menelik II entre 1900 e 1903."1 birr - Menelik II". Fr.numista.comminiatura|275x275px|Moeda de 20 francos Coq, de 1907."20 francs Coq Liberté, égalité, fraternité". Fr.numista.com
Jules Chaplain ingresou na Academia de Belas Artes o 9 de abril de 1881, en substitución do gravador de medallas Jacques Gatteaux. En 1895 foi nomeado director da fábrica de porcelana de Sèvres (Manufacture nationale de Sèvres).
Chaplain tamén foi o autor da composición posteriormente utilizada polo deseñador Robert Louis para un dos emblemas da República Francesa.Pinoteau, H. (1998). Le chaos français et ses signes. Ed. PSR. Páxinas. 385, 389, 444, 480. ISBN 978-2908571172
Jules Chaplain finou o 13 de xullo de 1909 no seu domicilio do número 3 da rúa Mazarine, en París.Partida de defunción: "Décès, 06. Nº 1.466. 1909 ". Paris archives (Archives.paris.fr)."Bulletin de déces: Chaplain, Jules Clément". Archives nationales, Leonore."Nécrologie ; J.-C. Chaplain". En Le Buletin del'Art Ancien et Moderne. Nº 431. 24 de xullo de 1909.Páxinas 211-212."Obituary: Jules Clement Chaplain". En American Art News.17 de xullo de 1909. Páxina 6. O seu corpo foi soterrado no cemiterio de Montparnasse.Rexistro do enterro en Montparnasse: "Nº 888. 16 juillet 1909" . Paris archives (Archives.paris.fr).
Na súa honra, unha das rúas do distrito 6 de París leva o nome de Jules-Chaplain.Hillairet, J. (1963). "Rue Jules-Chaplain". En Dictionnaire historique des rues de Paris, Les Éditions de minuit, 7ª ed. T. 1. Páxina 691. Tamén na súa vila natal, Mortagne-au-Perche, se lle dedicou unha rúa, e nos xardíns da casa consistorial desta localidade inaugurouse un monumento na súa memoria, deseñado por Denys Puech, inaugurado o 12 de xullo de 1914."Munument à Jules-Clément Chaplain - Mortage-au-Perche". E-monumen.net
En 1877 fora nomeado cabaleiro da Lexión de Honra;"Légion d'Honneur (Chevalier): Chaplain, Jules Clément". Archives nationales, Léonore. en 1888 fora ascendido ao grao de oficial e,"Légion d'Honneur (Officier): Chaplain, Jules Clément". Archives nationales, Léonore. finalmente, en 1900 ao de Comendador."Légion d'Honneur (Commandeur): Chaplain, Jules Clément". Archives nationales, Léonore.
Valoracións críticas miniatura|175x175px|Placa da rúa Jules Chaplain, en París. miniatura|213x213px|Tumba de Jules Chaplain no cemiterio de Montparnasse.
Escolma de traballos
Medallas
Plaquetas de bronce
Escultura
Outros
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Babelon, E. (1909). "Jules-Clément Chaplain et l'art de la médaille au xixe siècle (I)". En Revue de l'art ancien et moderne. Tomo XXVI. Páxinas 435-450. Babelon, E. (1910). "Jules-Clément Chaplain et l'art de la médaille au xixe siècle (II)". En Revue de l'art ancien et moderne. Tomo XXVII. Xaneiro-xuño. Páxinas 65-76 e 109-120. Forrer, L. (1904). "Chaplain, Jules Clément". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol. 1. Spink & Son, Londres. Páxinas 398-407. Lami, S. (1914). "Chaplain (Jules-Clément)". En Dictionnaire des sculpteurs de l'École française du xixe siècle. T. I. Honoré Champion, París. Páxinas 320-327. Mazerolle, F. (1897). "Chaplain. Biographie et catalogue de son œuvre". En Gazette numismatique française. T. I. Páxinas 7-41. Mazerolle, F. (1897). Jules-Clément Chaplain, biographie et catalogue de son œuvre. R. Serrure, París.
Migeon, G. (1900). "J.-C. Chaplain". En Art & Décoration. T. VII. Xaneiro-xuño. Páxinas 97-104.
Schaal, K. (2021). "La fortune critique d’une monnaie d’or : le coq gaulois de Jules-Clément Chaplain à l’épreuve de la presse (1895-1914)". En Les Cahiers de l’École du Louvre. Nº 16
Ligazóns externas
Obras de Chaplain no Metropolitan Museum of Art Obras de Chaplan en French Sculpture Census in North American Public Collections
Categoría:Nados en 1839 Categoría:Nados no departamento de Orne Categoría:Finados en 1909 Categoría:Deseñadores de moeda de Francia Categoría:Debuxantes Categoría:Medallas Categoría:Escultores de Francia Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Art Nouveau Categoría:Alumnos da École des Beaux-Arts Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra