Uummannaq é unha vila do concello de Avannaata, no oeste de Groenlandia. Cunha poboación de 1 407 habitantes en 2020, é a oitava vila máis poboada de Groenlandia.
Historia Fundada en 1763 como Omenak,Colton, G.W. "Northern America. British, Russian & Danish Possessions In North America." J.H. Colton & Co. (New York), 1855. a vila é un importante centro de caza e pesca, cunha fábrica de conservas e unha canteira de mármore. En 1932, a Universal Greenland-Filmexpedition co director Arnold Fanck estrearon o filme S.O.S. Eisberg preto de Uummannaq. – About filming in Greenland. Lobbycards, photos, etc. of Walter Rimls estate
Xeografía thumb|esquerda|220px|Uummannaq (á esquerda) ao pé da montaña homónima. A vila atópase na illa de Uummannaq, que está no parte meridional do fiorde de Uummannaq, a 590 quilómetros ao norte do círculo polar ártico.
Montaña Uummannaq A illa tamén acolle a montaña Uummannaq, que se ergue bruscamente até acadar os 1170 metros de altura. Para escalala requírense boas habilidades técnicas.
Clima Uummannaq ten un clima de tundra con veráns fríos e curtos e invernos longos e moi fríos.
Demografía Uummannaq é a segunda vila do concello de Avannaata en termos de poboación. En 2020 tiña 1 407 habitantes, o que supón unha diminución de máis do 12% dende o ano 2000.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Cidades e vilas de Groenlandia