The Rolling Stones é un conxunto de rock británico formado na cidade de Londres no ano 1962. Marcaron o renacemento do rock and roll tralo período de Elvis Presley e ocuparon un lugar importante no redescubrimento do blues negro. Estivo na vangarda das bandas da British Invasion que se fixeron populares nos Estados Unidos dende 1964-1965, e foi unha importante peza da contracultura dos anos 60.
A súa primeira formación estivo composta por Brian Jones na guitarra e na harmónica, Ian Stewart no piano, Mick Jagger nas voces e na harmónica, Keith Richards na guitarra e nos coros, Bill Wyman no baixo e Charlie Watts na batería. Jones deixou a banda un mes antes da súa morte en 1969, e foi substituído por Mick Taylor, que á súa vez sería substituído por Ronnie Wood en 1975. Dende a saída de Wyman en 1993, o baixista Darryl Jones vén colaborando coa banda.
Os seus integrantes máis destacados son o guitarrista Keith Richards e Mick Jagger, cantante e líder do conxunto.
Historia Primeiros anos Mick Jagger e Keith Richards foron amigos da infancia e compañeiros de clase en Dartford, Kent ata que a familia de Jagger se mudou a WilmingtonNelson 2010, p. 8.. Jagger formou unha banda de garaxe con Dick Taylor, tocando principalmente temas de Muddy Waters, Chuck Berry, Little Richard, Howlin' Wolf e Bo Diddley. Jagger volveu a reencontrarse con Richards en 1960 na estación de tren de Dartford. Este último levaba uns discos de Chuck Berry and Muddy Waters, e Jagger decatouse de que tiñan un interese común o que os levou a asociarse musicalmente. Richards uniuse a Jagger e Taylor nos seus frecuentes encontros na casa de Jagger. Estes pasaron a realizarse na casa de Taylor a finais de 1961, onde se lles uniron Allen Etherington e Bob Beckwith. Os cinco rapaces adoptaron o nome de Blue BoysNelson 2010, pp. 10–11..
En marzo de 1962, a banda leu sobre o Ealing Jazz Club no xornal Jazz News e visitaron o lugar o 7 de abril. Alí coñeceron a Brian Jones, tocando a slide guitar coa banda seminal de rhythm and blues londiniense Blues Incorporated de Alexis Korner, onde tamén tocaban os futuros membros dos Rolling Stones Ian Stewart e Charlie WattsNelson 2010, p. 11.. Antes de visitar o Ealing Jazz Club, os Blue Boys enviáranlle unha cinta coas súas mellores gravacións a Alexis Korner, quedando este impresionado. Tras reunirse con Korner, Jagger e Richards comezaron a improvisar con Blues Incorporated.
Brian Jones decidira iniciar unha banda pola súa conta, e puxo un anuncio en Jazz News. Ian Stewart atopou un lugar para ensaiar e uniuse a Jones para iniciar un grupo de rhythm and blues tocando blues de Chicago. Pouco despois, Jagger, Taylor e Richards deixaron Blues Incorporated para unirse a Jones e Stewart. Ao primeiro ensaio tamén foron o guitarrista Geoff Bradford e o vocalista Brian Knight, que declinaron unirse á banda citando obxeccións a tocar os temas de Chuck Berry e Bo Diddley preferidos de Jagger e Richards. En xuño de 1962 a súa formación era: Jagger, Jones, Richards, Stewart, Taylor e o batería Tony Chapman. Segundo Richards, Jones bautizou o grupo durante unha chamada de teléfono a Jazz News. Cando lle preguntaron por un nome, Jones viu un LP de Muddy Waters tirado no chan, e un dos seus temas era "Rollin' Stone"Jagger et al. 2003, p. 42.Nelson 2010, p. 13..
1962-1964: facéndose cunha base de seareiros Jagger, Richards, Jones, Stewart e Taylor realizaron o seu primeiro concerto co nome de "The Rollin' Stones" o 12 de xullo de 1962 no Marquee Club.Wyman 2002, pp. 36–37. Entre o material que tocaron había cancións de blues de Chicago ademais de temas de Chuck Berry e Bo DiddleyBockris 1992, pp. 42–43.. O baixista Bill Wyman uniríase en decembro dese ano e o batería Charlie Watts en xaneiro de 1963 para formar a sección rítmica da banda por moitos anosNelson 2010, pp. 14–15.Wyman 2002, pp. 40–41; 44–45.. O entón representante do grupo, Giorgio Gomelsky, aseguroulles unha residencia os domingos pola tarde no Crawdaddy Club, que, segundo Gomelsky, provocou un "renacemento internacional do blues" e foi un aspecto fundamental para a aparición do fenómeno Swinging LondonJagger et al. 2003, pp. 50–51..
The Rolling Stones asinaron co representante Andrew Loog Oldham, un publicista que chegara á banda polos seus anteriores clientes, The BeatlesNelson 2010, p. 20.. Debido a que Oldham aínda non era maior de idade (tiña 19 anos e era máis novo que calquera membro do grupo), el non podía conseguir a licenza de axente, ou asinar calquera contrato sen a sinatura da súa nai. Por necesidade uniuse ao axente Eric Easton. Gomelsky non tiña ningún acordo por escrito coa banda e non foi consultadoWyman 1990, pp. 135–136.. Oldham fixo varios cambios no grupo. Mudou a ortografía do nome de "The Rollin' Stones" a "The Rolling Stones". Quitou o "s" do apelido de Richards, quedando Keith Richard, dicindo que "parecía máis pop"Bockris 1992, p. 63.Oldham 2000, p. 222.. Oldham tamén botou a Stewart da formación. Wyman dixo que Stewart non encaixaba co molde de Oldham de "rapaces guapos, delgados e de pelo longo". Stewart sería representante, tocando o piano en moitos temas no estudio e en concerto, ata a súa morte en 1985.Oldham 2000, pp. 222–225.Jagger et al. 2003, p. 62.
Decca Records, que rexeitara asinar cos Beatles, ofreceulle a The Rolling Stones un contrato con termos moi favorables.Nelson 2010, p. 22. A banda gañaba tres veces máis en royalties que calquera banda nova, tiñan control artístico total sobre as súas gravacións, e eran donos dos masters dos discos.Oldham 2000, pp. 205, 212.Jagger et al. 2003, p. 68. O acordo tamén permitía que o grupo usase estudios que non pertencesen a Decca. Regent Sound Studios, unhas instalacións decoradas con caixas de ovos no teito para mellorar o son, converteuse no seu estudio favorito.Oldham 2000, pp. 209–210, 212.Coral, Hinckley & Rodman 1995. Oldham, que non tiña experiencia en gravacións pero nomeouse a si mesmo produtor da banda, dixo que Regent tiña un son moi axeitado para o grupo.Oldham 2000, pp. 252–253. Debido ás baixas taxas de Regent, a banda puido gravar durante longos períodos de tempo en vez de facelo en bloques de tres horas, algo que se facía en case todos os estudios. Todos os temas do primeiro álbum británico de The Rolling Stones foron gravados en Regent.Nelson 2010, p. 26.Oldham 2000, p. 213.
Oldham comparou a independencia dos Rolling Stones coa obriga dos Beatles de gravar nos estudios da EMI, dicindo que iso facíaos parecer "meros mortais... suando no estudi para o home".Oldham 2000, p. 205. Oldham promoveu a The Rolling Stones como os opostos desagradables dos Beatles por ter posado os seus membros sen sorrir para o primeiro álbum. Tamén alentou á prensa a que usase titulares provocativos como "Deixarías que a túa filla casase cun Rolling Stone?"Marshall 2012, p. 22. Aínda que inicialmente Oldham vestiu á banda traxes uniformes, os membros comezarían a usar roupa de diario para as súas presentacións públicas.Wyman 1990, p. 136.
Unha versión do tema de Chuck Berry "Come On" foi o primeiro sinxelo de The Rolling Stones, publicado o 7 de xuño de 1963. A banda rexeitou tocar a canción ao vivo, e Decca mercou só un anuncio para promover o sinxelo. Baixo a dirección de Oldham, os membros do club de seareiros mercaron copias nas tendas de discos sondeadas polas listas,Oldham 2000, p. 221. axudando a que "Come On" acadase o número 21 das listas británicas de sinxelos. Ter un sinxelo nas listas permitíulle á banda tocar fóra de Londres, empezando por unha actuación no Outlook Club de Middlesbrough o 13 de xullo, onde tocarían con The Hollies.Cartel do concerto. Posteriormente nese ano, Oldham e Easton organizaron a primeira gran xira do grupo no Reino Unido como abreconcertos de artistas estadounidenses como Bo Diddley, Little Richard e The Everly Brothers. Ese outono converteuse no "campo de adestramento" para a posta en escena da banda.Wyman 2002, pp. 80–83.
Durante esa xira The Rolling Stones gravaron o segundo sinxelo, unha canción escrita por Lennon–McCartney titulado "I Wanna Be Your Man"; este acadou o número 12 nas listas británica. O seu terceiro sinxelo, o tema de Buddy Holly "Not Fade Away", baseado no estilo de Bo Diddley, publicouse en febreiro de 1964 e chegou ao número 3.
Oldham dixo que había pouco futuro para un grupo que perdía significativas regalías de composición tocando temas de "negros de mediana idade", limitando o seu atractivo a audiencias adolescentes. A instancias de Oldham, Jagger e Richards comezaron a compoñer temas, cualificando este aos primeiros como "ñoños e imitativos".Oldham 2000, pp. 256–257. Debido a que as tarefas de composición avanzaban lentamente, as cancións do primeiro álbum de The Rolling Stones eran principalmente versións, con só o tema orixinal de Jagger/Richards "Tell Me (You're Coming Back)", e dúas pezas acreditadas a Nanker Phelge, o pseudónimo para as cancións acreditadas a todo o grupo.Jagger et al. 2003, p. 84.
A primeira xira estadounidense de The Rolling Stones, celebrada en xuño de 1964, foi, segundo palabras de Bill Wyman, "un desastre". "Cando chegamos, non tiveramos ningún éxito [alí] ou calquera cousa ao noso favor".Wyman 2002, p. 126. Cando a banda apareceu no programa de variedades de Dean Martin The Hollywood Palace, Martin burlouse tanto do seu pelo como da súa actuación. Durante a xira gravaron durante dous días nos Chess Studios de Chicago, coñecendo a moitas das súas máis importantes influencias, incluído a Muddy Waters.Wyman 2002, pp. 128–129.Wyman 2002, p. 158. Nesas sesións gravouse o que sería o primeiro número 1 da banda no Reino Unido, a súa versión do tema de Bobby and Shirley Womack "It's All Over Now".Wyman 2002, p. 137.
O seu concerto o 8 de agosto de 1964 en Scheveningen, Países Baixos, descontrolouse. A policía antidisturbios rematou coa actuación uns 15 minutos despois de que esta comezase, e os espectadores comezaron a loitar contra os axentes.
Os Stones seguiron a James Brown & The Famous Flames na edición da filmación de The TAMI Show, que amosaba a bandas estadounidenses xunto con artistas da British Invasion. O 25 de outubro o grupo tamén apareceu en The Ed Sullivan Show. Debido ao inicial caos que causou a banda, Sullivan botounos do seu programa,Wyman 2002, p. 154. aínda que tiñan reservadas aparicións para anos seguintes.[ Biografía de The Rolling Stones no Rock&Roll Hall of Fame .] O seu segundo LP, o só editado nos Estados Unidos 12 X 5, publicouse durante esa xira; ao igual que o primeiro, contén principalmente versións, acompañadas dalgunha canción de Jagger/Richards e Nanker Phelge.
O quinto sinxelo británico de The Rolling Stones, unha versión da canción de Willie Dixon "Little Red Rooster" con "Off the Hook" (acreditada a Nanker Phelge) como cara-b, foi publicado en novembro de 1964 e converteuse no seu segundo número 1. A distribuidora estadounidense do grupo, London Records, declinou editar "Little Red Rooster" no país. No mes de decembro London Records lanzaría o primeiro sinxelo da banda con temas orixinais de Jagger/Richards nas dúas caras: "Heart of Stone" con "What a Shame" como cara-b; "Heart of Stone" sería número 19 nos Estados Unidos.Wyman 2002, p. 159.
1965-1967: chegada á fama
O segundo LP británico da banda, The Rolling Stones No. 2, publicado en xaneiro de 1965, chegaría ao número 1, e a súa versión estadounidense, publicada en febreiro como The Rolling Stones, Now!, acadaría o número 5. O disco foi gravado nos Chess Studios de Chicago e nos RCA Studios dos Ánxeles.Wyman 2002, pp. 164–165; 171. Entre xaneiro e febreiro o grupo realizou 34 concertos ante unhas 100.000 persoas en Australia e Nova Zelandia.Wyman 2002, p. 166.