Soiuz MS-16 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 9 de abril de 2020 mediante o un foguete Soiuz 2-1a desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz MS-16, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Anatoli Ivanishin, Ivan Vagner e Christopher Cassidy a bordo (a tripulación de respaldo eran Sergei Rizhikov, Andrei Babkin e Stephen Bowen), foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. Foi a primeira Soiuz tripulada lanzada por un foguete Soiuz 2-1a e unha vez en órbita chegou á estación seguindo unha traxectoria rápida de seis horas, acoplándose ao módulo Poisk e coa tripulación uníndose aos membros das Soiuz MS-15 xa a bordo, cuxa partida marcou o inicio da Expedición 63.
Tras 196 días en órbita, a Soiuz MS-16 desacoplouse do módulo Zvezda o 22 de outubro de 2020, aterrando a 147 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Kazakhstán).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz 2-1a Estación Espacial Internacional
Categoría:Programa Soiuz