María Sánchez Rodríguez, nada en Córdoba en 1989, é unha veterinaria de campo, poeta, narradora e feminista española.
En 2023 residía en Galicia. En 2024 participou en Pontevedra no Festival de poesía Veñan as cinco.
Traxectoria María Sánchez naceu en Córdoba en 1989. Toda a súa familia é da Serra Norte de Sevilla. Filla e neta de veterinarios, é a primeira muller da súa familia en dedicarse a un oficio, veterinaria de campo, tradicionalmente desempeñado por homes. Licenciada en Veterinaria pola Universidade de Córdoba en 2014. Mentres estudaba na Universidade, compaxinaba os seus estudos con libros de literatura e poesía.
Traxectoria profesional Traballa con razas autóctonas en perigo de extinción, defendendo o pastoreo e a gandaría extensiva. Traballou no sector do caprino de leite varios anos. Traballou en ACRIFLOR, Asociación Nacional de Criadores de Gando Caprino de Raza Florida (denomínase Florida a raza polo seu moteado vermello na pel que lembra un campo de flores na primavera). Particioua en eventos e conferencias sobre gandaría extensiva e medio rural.
Traxectoria literaria Reivindica o papel das mulleres no medio rural, como o da súa avoa e o da súa nai, sempre con labores considerados subalternas nun universo de poder masculino. Tardou en recoñecerse nas figuras femininas que a rodeaban: “De moza quería ser un home. Eles eran a miña referencia”. Como escritora tamén lle pasaba: “Non hai narradoras do mundo rural porque as nenas deixaban a escola para axudaren no campo mentres os seus irmáns seguían estudando”. Co seu oficio e coa súa narrativa reivindica o medio rural e a figura das mulleres no mesmo.
Colabora habitualmente en medios dixitais e de papel sobre literatura, feminismo, gandaría extensiva e cultura e medio rural. Coordina o proxecto Las entrañas del texto, desde o que convida a reflexionar sobre o proceso de creación, e Almáciga, un pequeno viveiro de palabras do medio rural das diferentes linguas da península ibérica. Colabora en Carne Cruda Radio, coa sección Notas de campo, un diario sonoro desde as marxes, cheo de historias, persoas e animais que habitan e coidan o medio rural.
Os seus poemas foron publicados en revistas e antoloxías como Apuestas (La Bella Varsovia, 2014) e traducidos ao francés, portugués e ao inglés. En Cuaderno de campo (La Bella Varsovia, 2017), o seu primeiro libro, serviuse de historias familiares para compor un poemario.
No seu libro Tierra de Mujeres (Seix Barral, 2019) aborda o traballo da muller no medio rural, a necesidade dun "futuro sostible", a importancia de preservar a gandaría extensiva e o mimo cara a unha linguaxe relegada. Sen nostalxia nin prexuízos e cunha mirada crítica á inacción institucional e a un sistema que opaca as garantías locais na produción agroalimentaria.
No ano 2020 publica Almáciga. Un vivero de palabras de nuestro medio rural, un glosario poético ilustrado de palabras do medio rural, ilustrado por Cristina Jiménez.
Obra Caderno de campo (2017). La Bella Varsovia - poesía. Tierra de Mujeres (2019). Seix Barral - narrativa. Almáciga. Un vivero de palabras de nuestro medio rural (2020). Geoplaneta.
Premios e recoñecementos
Premio Orgullo Rural 2019 da Fundación de Estudos Rurais, pola súa defensa do mundo rural a través do seu labor como poeta, ensaísta, divulgadora e veterinaria de campo. Premio Nacional de Mocidade 2019 na categoría de Cultura, pola súa contribución a visibilizar con carácter modélico e innovador a necesidade de manter a vida no campo. Premio Córdoba en Igualdade 2020, o ámbito da arte e a cultura. Premio Fundación Princesa de Xirona Artes e Letras 2021, por «o seu labor como poeta, escritora e activista en defensa da cultura rural, e especialmente do papel esquecido das mulleres no campo». Premio Andaluces do Futuro 2021 na categoría Cultura. Medalla de Andalucía ao Mérito Medioambiental 2023. XLIV Premio de xornalismo Julio Camba 2023. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web persoal María Sánchez, veterinaria de campo e escritora, Intervención no acto de presentación da campaña para impulsar a incorporación de mozas ao sector agrario "Somos A nosa Terra", por COAG, 8 de febreiro de 2019. María Sánchez: "O estigma segue presente na xente do campo", Hoy por Hoy Cadena Ser, 28 de febreiro de 2019. Sociedade Anónima: María Sánchez: "Non se recoñece o traballo da muller gandeira, elas non contan" entrevista en Julia en la Onda, 1 de marzo de 2019. María Sánchez reivindica a orixe, as pegadas e o feminismo en "Terra de mulleres. Unha mirada íntima e familiar ao mundo rural" RTVE á carta, 5 de marzo de 2019.
Categoría:Nados en Córdoba Categoría:Poetas de Andalucía Categoría:Feministas de Andalucía Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Veterinaria Categoría:Nados en 1989