A aguia romana do Courel ou aguia de Carbedo é unha pequena escultura de bronce da Roma antiga atopada en Carbedo, Esperante, Folgoso do Courel e conservada no Museo Provincial de Lugo dende o 4 de abril de 1963.

Descrición Cuns 10 cm de anchura por 7,5 cm de lonxitude suponse procedente de Torre Cabreira, isto é, coa mesma procedencia da Tabula hospitalis, e que representa unha aguia coas ás a medio despregar. A deterioración da súa cara ou a ausencia de garras, non minoran a súa calidade. Debeu ser realizada mediante a técnica da cera perdida.

Pouco se coñece dos contextos arqueolóxicos e cronolóxicos da peza, fóra da súa suposta procedencia, xa que foi adquirida polo doador a un anticuario xunto con outros materiais. Pouco tamén en canto á súa función. Tradicionalmente, estase entendendo como remate dun estandarte militar, un vexillum. Hipótese que se sustentaría na propia postura da escultura como nas dúas pequenas perforacións apreciables na parte inferior, baixo a cola; suposto encaixe para o hastil da insignia.

Véxase tamén

Modelo 3D da aguia

Notas

Categoría:Obxectos arqueolóxicos Categoría:Folgoso do Courel Categoría:Museo Provincial de Lugo