Elisabeth Rieken, nada en Gießen no 1965, é unha lingüista e profesora universitaria alemá. Actualmente, traballa na Universidade Philipps de Marburgo.

Traxectoria Rieken estudou Lingüística Comparada nas Universidades de Hamburgo e Bochum. No 1996, doutorouse nesta última institución coa súa tese Untersuchungen zur nominalen Stammbildung des Hethitischen ("Estudo sobre a formación nominal no hitita"). Entre o 1996 e o 2000, desempeñouse como asistente de investigación na Universidade Libre de Berlín e, temporalmente, na Universidade Cornell de Nova York. Obtivo a súa habilitación no 2001 cun traballo titulado Konditionalsätze, Irrelevanzkonditionalia und Konzessivsätze des Altirischen ("Oracións condicionais, condicionais de irrelevancia e oracións de concesión no irlandés antigo").

Con posterioridade, foi profesora no University College London e na Escola de Estudos Orientais e Africanos (SOAS). Dende o 2002, ocupa a cátedra de Lingüística Comparada e Xeral da Universidade de Marburgo. No 2019, foi elixida membro da Academia das Ciencias e da Literatura de Maguncia.

Un dos seus principais eidos de investigación é a lingua hitita. Participou na descuberta da lingua kalasma.

Publicacións Monografías

Untersuchungen zur nominalen Stammbildung des Hethitischen (1996). Die Konditionalsätze, Irrelevanzkonditionalia und Konzessivsätze des Altirischen (2001). Einführung in die hethitische Sprache und Schrift ("Introdución á lingua e á escrita hititas", 2012), coa participación de Ute Gradmann e Jürgen Lorenz.

Coedicións

Pragmatische Kategorien: Form, Funktion und Diachronie ("Categorías pragmáticas: forma, función e diacronía", 2009). Editado por E. Rieken e P. Widmer. Ex Anatolia Lux: Anatolian and Indo-European studies in honor of H. Craig Melchert on the occasion of his sixty-fifth birthday. ("Ex Anatolia Lux: Estudos anatolianos e indoeuropeos en homenaxe a H. Craig Melchert con motivo do seu sesenta e cinco aniversario", 2010). Editado por R. Kim, N. Oettinger, E. Rieken e M. Weiss. Investigationes Anatolicae (2010). Editado por Jörg Klinger, Elisabeth Rieken e Christel Rüster. Der „Tawagalawa-Brief": Beschwerden über Piyamaradu ("A carta de Tawagalawa: Queixas sobre Piyamaradu", 2020). Edición de Susanne Heinhold-Krahmer e Elisabeht Rieken.

Notas

Categoría:Nados en 1965 Categoría:Pobo alemán Categoría:Profesores da Universidade de Marburgo