Schindler's Ark é unha novela de ficción histórica publicada en 1982 polo novelista australiano Thomas Keneally. A edición dos Estados Unidos do libro foi titulada Schindler's List; posteriormente tamén foi reeditado en países da Commonwealth con ese título. A novela gañou o Premio Booker e foi galardoada co Premio Los Angeles Times en 1983.
O libro conta a historia de Oskar Schindler, un membro do Partido Nazi que se converte nun heroe improbable ao salvar a vida de 1.200 xudeus durante o Holocausto. O libro fala de persoas e acontecementos reais, mais con diálogos de ficción e escenas engadidas polo autor onde se descoñecen os detalles exactos. Keneally escribiu unha serie de novelas ben recibidas antes e despois de Schindler's Ark; porén, a raíz da súa exitosa adaptación cinematográfica de 1993 dirixida polo director Steven Spielberg, converteuse dende entón no seu traballo máis coñecido e celebrado.
Notas
Categoría:Obras literarias de 1982 Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Novela histórica