Sebastián Lores González, nado en Lérez o 16 de novembro de 1879 e finado en Pontevedra o 21 de outubro de 1965, foi un empresario da construción, concelleiro de Pontevedra, vogal nacional e xefe provincial do Sindicato da Construción, conderado coa Medalla ao Mérito no Traballo.

Traxectoria Foi fillo de Andrés Lores Solla, presidente da Asociación Protectora do Obreiro. Traballou coma contratista de obras en Pontevedra e en Santiago de Compostela, chegando a converterse nun destacado empresario da construción a nivel provincial tras participar en proxectos como a fábrica de Cerámica A Caeira do marqués de Riestra en Pontevedra, a Casa de Baños A Iniciadora de estilo art nouveau na avenida Cánovas do Castelo de Vigo, os Saltos da Barbanza en Pobra do Caramiñal, e a fábrica de Massó de estilo art déco, actual Museo Massó, en Bueu.

Demostrando sempre interese polas condicións laborais dos traballadores, comezou a súa actividade sindical como secretario da Federación Obreira de Pontevedra e membro directivo da Sociedade de Socorros Mutuos, e en recoñecemento á súa xestión durante case tres décadas, en 1947 foi nomeado xefe provincial e vogal nacional do Sindicato da Construción. En 1952 acedeu a través do Terzo Sindical como candidato máis votado ao Concello de Pontevedra en calidade de concelleiro e membro da Comisión de Gobernación baixo a alcaldía de Juan Argenti Navallas, e o mesmo ano foi elixido Presidente da Sociedade Recreativa de Artesáns.

Á fronte do Sindicato trazou e promoveu durante o seu mandato un plan de construción de vivendas para obreiros a través dun sistema de axudas mutuas e subvencións de materiais mediante o cal todos os traballadores poderían dispor dunha vivenda familiar en propiedade á conta dunha renda mensual mínima. Por decisións alleas, lamentablemente nunca logrou pór en práctica esta iniciativa a pesar de tentalo até a súa xubilación, con preto de oitenta anos de idade.

Tendo aínda tres anos por diante en activo, o 13 de decembro de 1953 foi condecorado no Palacio Municipal de Pontevedra coa Medalla ao Mérito no Traballo, en recompensa a “unha vida de exemplar honestidade, modelo de virtudes profesionais”, “así coma pola destacada labor social realizada desde o Sindicato en favor dos traballadores do gremio”, sendo considerado “o primeiro aristócrata pontevedrés do traballo” e “un exemplo digno de imitación para patróns e obreiros”.Boletín Oficial del Estado, Orden de 11 de setembro de 1953.

Vida persoal Foi tío do futbolista e adestrador Manuel Carballo Lores “Carolo”, e avó de Agustín Estévez Lores “Tito”, porteiro do Pontevedra Club de Fútbol.

Condecoracións

ligazón=Archivo:Gold_Medal_of_Work_Merit_(Spain).svg|25px Medalla ao Mérito no Traballo (11 de setembro de 1953).

Notas

Categoría:Nados en 1879 Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Finados en 1965 Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes