Soiuz MS-21 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 18 de marzo de 2022 mediante o un foguete Soiuz 2-1a desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz MS-21, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Oleg Artemiev, Denis Matveev e Sergei Korsakov a bordo (a tripulación de respaldo eran Sergei Prokopiev, Dimitri Petelin e Anna Kikina), foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. Unha vez en órbita chegou á estación seguindo unha traxectoria rápida de tres horas, acoplándose ao módulo Prichal. Tras 195 días no espazo a Soiuz MS-21 desacoplouse da estación o 29 de setembro e tras tres horas de viaxe aterrou a 148 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Kazakhstán).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz 2-1a Estación Espacial Internacional

Categoría:Programa Soiuz