thumb|Estrutura da hematina. A hematina (tamén coñecida como ferrihemo, hematosina, hidroxihemina, oxihemo, fenodina, ou oxihemocromóxeno) é un pigmento azul escuro ou acastañado que contén ferro en estado férico, obtido pola oxidación do hemo.

A hematina inhibe a síntese de porfirina (ao reprimir a síntese do encima ALAS1), e estimular a síntese de globina. Por esta razón, utilízase no tratamento das porfirias.

É un compoñente dos citocromos e peroxidases. A hematina derivada sinteticamente da hemina utilízase como reactivo.

O parasito da malaria (Plasmodium) detoxifica a hematina (α-hematina) que ten no seu interior (resultado da dixestión da hemoglobina), converténdoa en cristais insolubles e inertes de β-hematina, a cal recibe o nome de hemozoína.

Notas

Categoría:Compostos de ferro Categoría:Pigmentos