O municipio de Saulkrasti (en letón, Saulkrastu novads) é un dos 36 municipios de Letonia, resultado da última reorganización do territorio aprobada o 1 de xuño de 2021.
Limita co municipio de Limbaži ao norte, co municipio de Sigulda ao leste e co municipio de Adaži ao sur. O centro do municipio atópase na localidade de Saulkrasti. Conta cunha área de 277,8 quilómetros cadrados.
Historia e economía Historicamente, as tribos livonias de Vidzeme habitaron no condado. No século XIII, como resultado das conquistas cruzadas, o territorio do condado pasou a ser propiedade da Arquidiócese de Riga. Despois da guerra de Livonia, o condado quedou baixo o ducado polaco de Pardaugava. Despois de 1629 é adquirido por Suecia. En 1721, foi anexionado ao Imperio Ruso.
O 2 de xuño de 2020, o municipio de Limbaži presentou unha solicitude ante o Tribunal Constitucional obxectando sobre a inclusión da parroquia de Skulte na rexión de Saulkrasti, e o 12 de marzo de 2021, o Tribunal Constitucional falla a prol de Limbaži e Saulkrasti perde esa sección parroquial.
A nivel económico Saulkrasti é referencia turística no país, cun 15% do seu solo inmobiliario propiedade do turismo estranxeiro, nas sesións de verán e inverno a poboación chega ao dobre do seu nivel. Unha gran parte do sueste do municipio está ocupada polo vertedoiro deshabitado de Ādaži, que outorga outra base de ingresos á rexión.
miniatura|Piñeiral.
miniatura|Praia de Saulkrasti.
Véxase tamén Outros artigos Organización territorial de Letonia Rexións de Letonia
Saulkrasti