Soiuz MS-20 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 8 de decembro de 2021 mediante o un foguete Soiuz 2-1a desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz MS-20, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Alexander Misurkin, Yusaku Maezawa e Yozo Hirano a bordo (a tripulación de respaldo eran Aleksandr Skvortsov e Shun Ogiso), foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. Unha vez en órbita chegou á estación seguindo unha traxectoria rápida de seis horas e acoplándose ao módulo Poisk.
A Soiuz MS-20 levou a bordo aos turistas espaciais Yusaku Maezawa (empresario) e Yozo Hirano (axudante do primeiro) para unha estancia de 12 días na estación. A tripulación fixo un total de nove experimentos na estación antes de volver, o 20 de decembro. A nave aterrou a 148 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Kazakhstán).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz 2-1a Estación Espacial Internacional
Categoría:Programa Soiuz