Ángela Loij López, nada en Estancia Clara, Río Grande c. 1900 e finada na Terra do Fogo o 28 de maio de 1974, foi unha muller selk'nam, coñecida como a última representante do pobo amerindio dos selk'nam que habitou o arquipélago de Terra do Fogo, nos actuais territorios da Arxentina e Chile.

Traxectoria O seu pai, Loij, era pastor de ovellas. Sendo moi nova, ela casou con Nelson Qànqòt, un haush fillo dun indíxena chamado Kankoat, e tivo dúas fillas e un fillo con el, Víctor Nelson (nado en 1919), Laura Soto (nada en 1922) e Luisa Nelson (nada en 1926). Todos morreron de tuberculose en 1938 sen deixar descendencia.

Estímase que contra o ano 1881, ao momento de iniciarse a colonialización moderna do arquipélago, vivían en total uns catro mil indíxenas selk'nam, estando aproximadamente a metade en territorio chileno, e a outra metade en territorio arxentino. A fins do século XIX, a explotación do ouro en ríos sureños e o explosivo desenvolvemento da gandaría aumentaron progresivamente a cantidade de colonos no sector. Isto, sumado especialmente ao xenocidio selk'nam e a introdución de enfermidades infecto-contaxiosas foráneas, provocou unha rápida e crítica diminución da poboación. Contra o ano 1966 só quedaban trece indíxenas de orixe selknam, na súa maioría mestizos, no sector arxentino do arquipélago. Unha das últimas foi Lola Kiepja, sendo Ángela Loij a última indíxena de sangue puro desta etnia.

Os seus testemuños foron documentados pola antropóloga franco-estadounidense Anne Chapman, especializada no estudo dos pobos fueguinos.

Hoxe en día, hai unha escola arxentina co seu nome.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lola Kiepja Xenocidio selk'nam

Categoría:Pobo selk'nam Categoría:Finados en 1974 Categoría:Últimos falantes