A delta-aminolevulinato sintase 1, tamén coñecida como 5'-aminolevulinato sintase 1 ou ALAS1, é unha proteína encimática que nos humanos esta codificada no xene ALAS1 do cromosoma 3. ALAS1 é un tipo de ácido aminolevulínico sintase.
A delta-aminolevulinato sintase cataliza a condensación da glicina co succinil-CoA para formar o ácido delta-aminolevulínico. Trátase dun encima de localización mitocondrial codificado no núcleo, que é o encima primeiro e limitante na vía de biosíntese do hemo en mamíferos. Hai dous isocimas deste tipo específicos de tecidos: un encima de mantemento doméstico codificado polo xene ALAS1 e un encima específico do tecido eritroide codificado polo xene ALAS2.
Os ratos que carecen deste xene presentan mortalidade embrionaria, o que indica que ALAS é esencial para a embrioxénese temperán.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Bibliografía
Categoría:Transferases