Soiuz MS-23 foi unha misión espacial rusa lanzada sen tripulación o 24 de febreiro de 2023 mediante un foguete Soiuz 2-1a desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz MS-23, unha Soiuz modelo MS, foi unha misión lanzada para acoplarse automaticamente coa Estación Espacial Internacional para traer de volta a Sergei Prokopiev, Dimitri Petelin e Frank Rubio despois dun problema de perda de refrixerante na súa nave, a Soiuz MS-22. Unha vez en órbita chegou á estación seguindo unha traxectoria de dous días e acoplándose ao módulo Poisk. O 6 de abril de 2023 a nave foi recolocada no módulo Prichal para deixar o Poisk libre para a chegada da nave de carga Progress MS-23. A Soiuz MS-23 desacoplouse da estación o 27 de setembro para volver tripulada a terra unhas horas despois, aterrando ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Kazakhstán).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz 2-1a Estación Espacial Internacional

Categoría:Programa Soiuz