Sikong Tu (chinés tradicional: 司空圖; chinés simplificado: 司空图; pinyin: Sīkōng Tú; Wade-Giles: Ssu1-k'ung1 T'u2), nome de cortesía Biaosheng 表聖, nado no 837 e finado no 908, foi un poeta e crítico literario chinés de finais da dinastía Tang.

Traxectoria Sikong Tu naceu Yuxiang, na actual provincia de Shanxi. Na súa mocidade, Wang Ning recoñeceuno polas súas capacidades. Baixo a súa recomendación, o emperador Yizong concedeulle o grao de jinshi no 869. Como mostra de agradecemento, Sikong Tu abandonou máis tarde o seu posto de funcionario para vivir baixo o goberno de Wang Ning. No 878, foi nomeado rexistrador principal do templo de Guanglu, en Luoyang. Durante a súa estadía, impresionou a Lu Xie, quen chegaría a ser primeiro ministro. Posteriormente, Si Kongtu aceptou un alto cargo no Ministerio de Ritos, para despois ser ascendido ao rango de doutor.

Duranto o primeiro ano do reinado do emperador Xizong (880), Huang Chao entrou coas súas tropas na capital de Chang'an. Sikong Tu rexeitou o seu recrutramento e fuxiu a Fengxiang, onde se atopaba o emperador. Ao ano seguinte, o emperador trasladouse a Baoji, e o poeta regresou á súa cidade natal, recluíndose na montaña Zhongtiao. Rexeitou varias ofertas do monarca para servir como ministro, até que finalmente aceptou regresar como funcionario do primeiro ministro Liu Can.

No 907, Zhu Wen depuxo ao emperador Ai dos Tang, fundando a dinastía Houliang. Ao ano seguinte, Ai foi asasinado. Ao coñecer a noticia, Sikong Tu fixo folga de fame e faleceu. O poeta non tivo descendencia, mais si unha esposa, Yao Yi. Xa que logo, legou a súa herdanza ao seu sobriño.

Obra A obra principal de Sikong Tu é o Ershisi shipin 二十四诗品 ("As vinte e catro categorías da poesía"), unha das principais poéticas chinesas. Porén, na actualidade existen dúbidas sobre a autoría do texto. O libro está composto por unha serie de poemas que aplican e ilustran as ideas do autor sobre a composición literaria.

O Ershisi shipin tivo unha grande influencia na teoría da literatura do poeta Wang Shizhen (1634-1711), da dinastía Qing.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Sikong Tu (La literatura traducida en España)

Categoría:Nados en 837 Categoría:Escritores da China Categoría:Escritores en lingua chinesa Categoría:Finados en 908