Os biosurfactantes son surfactantes biolóxicos e o termo úsase máis comunmente para os de orixe microbiana. A maioría dos biosurfactantes producidos por microbios sintetízanse extracelularmente e moitos microbios producen biosurfactantes en cantidades relativamente grandes. Algúns son de interese comercial. Como metabolitos secundarios de microorganismos, os biosurfactantes poden ser procesados polo cultivo de microorganismos produtores de biosurfactantes na fase estacionaria en moitos tipos de substratos de baixo prezo como o biochar, aceites vexetais, carbohidratos, residuos etc. A produción a alto nivel de biosurfactantes pode controlarse pola regulación de factores ambientais e as circunstancias de crecemento.
Clasificación Os biosurfactantes adoitan clasificarse pola súa estrutura molecular. Como os surfactantes sintéticos, están compostos dun residuo hidrófilo constituído por aminoácidos, péptidos, (poli)sacáridos ou azucres alcohois, e un residuo hidrófobo que consiste en ácidos graxos. As clases importantes de biosurfactantes son glicolípidos, lipopéptidos e lipoproteínas, xunto con surfactantes poliméricos e surfactantes particulados.
Exemplos miniatura|300px|A fosfatidilcolina, compoñente da lecitina, é un surfactante biolóxico ubicuo. Móstrase en – colina e o grupo fosfato; – glicerol; – ácido graxo monoinsaturado; – ácido graxo saturado. Exemplos de biosurfactantes comúns son: Sales biliares. Son mesturas de compostos formadores de micelas que encapsulan a graxa da comida, permitindo a súa absorción no intestino delgado. Lecitina, que se pode obter das fabas de soia ou da xema de ovo, e que é un ingrediente común nos alimentos. Ramnolípidos, producidos por algunhas especies de bacterias do xénero Pseudomonas, como Pseudomonas aeruginosa.Oliveira, F. J. S.; Vazquez, L.; de Campos, N. P.; de França, F. P., Production of rhamnolipids by a Pseudomonas alcaligenes strain. Process Biochemistry 2009, 44 (4), 383-389 Soforolípidos, producidos por varios lévedos non patóxenos. Emulsán. Producido por Acinetobacter calcoaceticus.
Os biosurfactantes microbianos obtéñense engadindo líquidos inmiscibles no medio de crecemento.
Aplicacións
Posibles aplicacións son en formulacións de herbicidas e pesticidas, deterxentes, produtos para o coidado da saúde e cosméticos, polpa e papel, carbón, téxtiles, industrias do procesamento da cerámica e alimentaria, procesamento do uranio, e eliminación mecánica da auga na turba.
Remediación de verteduras de petróleo Os biosurfactantes favorecen a emulsión dos hidrocarburos, polo que teñen o potencial de solubilizar os hidrocarburos contaminantes e incrementar a súa dispoñibilidade para a degradación microbiana. Ademais, os biosurfactantes poden modificar a superficie celular de bacterias que biodegradan hidrocarburos, que poden tamén incrementar a biodegradabilidade destes contaminantes para as células. Estes compostos poden utilizarse tamén na recuperación asistida de petróleo e pode considerarse o seu uso para outras posibles aplicacións en protección ambiental.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Production and Characterization of Biosurfactants Using Bacteria Isolated from Acidic Hot Springs
Categoría:Surfactantes Categoría:Biorremediación