Francisco Charlín Oróns, nado en Laxe cara a 1977, é un mariñeiro e político galego, alcalde de Laxe polo PPdeG.

Traxectoria Mariñeiro de profesión, está embarcado nun barco pequeno (3 tripulantes). Entrou na política en 2011, cando pasou a integrar as listas do Partido Popular en Laxe aos comicios municipais, se ben non foi elixido, e a súa formación quedou fóra do goberno. Porén, foi gabeando na estrutura do Partido Popular local e nas eleccións municipais de 2019 foi no posto número 2, por detrás de quen ao cabo sería escollido alcalde, José Luis Pérez Añón, o primeiro dos conservadores en dúas décadas. Ao tempo, Charlín tamén se convertía en vicepatrón maior da confraría de pescadores de Laxe (2015).

No goberno do PPdeG, Charlín foi nomeado primeiro tenente de alcalde. Debido á enfermidade do alcalde Añón, Charlín termou da vara de mando municipal xa por primeira vez en 2022 durante dous meses, e logo ocasionalmente en 2023 e 2024. O PP revalidou a maioría absoluta nas eleccións municipais de 2023, de novo con Charlín de segundo.

A retirada de Añón polos seus problemas cardíacos en febreiro de 2024 levouno a sentar na cadeira de alcalde xa de maneira definitiva.

Vida persoal Está casado e ten proxenie.

Notas

Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Laxe Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG

Categoría:Nados en Laxe

Categoría:Nados en 1977