José María Rioboo Almanzor, adoito grafado Riobóo, nado en Ksar el Kebir (daquela no Protectorado Español de Marrocos) o 14 de novembro de 1948, e finado en Santiago de Compostela o 22 de febreiro de 2024, foi un profesor universitario e político galego.
Traxectoria Estudou economía na Universidade de Santiago de Compostela. Nela doutorouse en 1978 coa tese Estimación empírico bayesiana en un modelo econométrico de regresión lineal y su aplicación al estudio de la población en Galicia (1961-75). Quedou a traballar na propia universidade, onde chegou a catedrático de Economía Aplicada. Como docente e investigador traballou sobre todo na estatística aplicada aos estudos económicos.
Politicamente pertenceu ao CDS e encabezou a candidatura centrista nas eleccións xerais de 1986 pola circunscrición da Coruña, onde foi escollido deputado. No Congreso foi o voceiro centrista nas comisións de Economía, Facenda e Orzamentos durante tres anos e pouco, ata a convocatoria das eleccións de 1989, onde xa non foi nas listas do CDS.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados
Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo CDS Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña Categoría:Economistas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1948 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Españois nados no Protectorado de Marrocos Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (III Lexislatura) Categoría:Alumnos da Universidade de Granada Categoría:Nados en Marrocos