Sinforiano Rebolledo Macías, nado na Rúa o 18 de agosto de 1921, foi un maxistrado e político galego.

Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi xuíz de distrito de Allariz, Vigo e Lalín. Dende os anos sesenta foi maxistrado na Audiencia de Ourense. Pertenceu a Alianza Popular, encabezou a candidatura da Coalición Popular nas eleccións xerais de 1986 por circunscrición de Ourense,"Sinforiano Rebolledo llegó a la política por «vocación tardía» y «para asumir responsabilidades concretas»", La Voz de Galicia, 17-6-1986, p. 19. e foi elixido deputado.

Vida persoal

Casou no Pazo de Vilariño (Piñor) con Emilia Varela Feijóo en 1947, e foi pai de seis fillos. Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición

Ligazóns externas

Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados por AP Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Ourense Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (III Lexislatura) Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela

Categoría:Nados en 1921

Categoría:Nados na Rúa