miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade no Sudán, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. O Sudán aceptou a convención o 6 de xuño de 1974, polo que os seus sitios históricos poden ser incluídos na lista. A partir de 2023, hai tres sitios Patrimonio da Humanidade no Sudán.

Patrimonio da Humanidade A UNESCO enumera os sitios baixo dez criterios; cada entrada debe cumprir polo menos un dos criterios. Os criterios I a VI son culturais e os VII a X naturais.

+NºNomeImaxeLocalizaciónAnoCriteriosDescrición1Gebel Barkal e sitios da rexión de Napata 150px|alt= Norte 2003 1073; I, II, III, IV, VI (cultural) Estes cinco sitios arqueolóxicos, que se estenden por máis de 60 km no val do Nilo, son testemuño das culturas Napata (900 a 270 a.C.) e meroítica (270 a.C. a 350 d.C.), do segundo reino de Kush. No lugar atópanse tumbas, con e sen pirámides, templos, complexos habitacionais e pazos. Desde a Antigüidade, o outeiro de Gebel Barkal estivo fortemente asociado coas tradicións relixiosas e o folclore. Os templos máis grandes aínda son considerados pola xente local como lugares sagrados.50px Text was copied from this source, which is available under a Creative Commons Attribution 3.0 IGO (CC BY 3.0 IGO) license.2Sitios arqueolóxicos da illa de Meroe 150px|alt= Río Nilo 2011 1336; II, III, IV, V (cultural)Os sitios arqueolóxicos da illa de Meroe, unha paisaxe semidesértica entre os ríos Nilo e Atbara, foron o corazón do Reino de Kush, unha gran potencia desde o século VIII a.C. ata o século IV d.C. O sitio está formado pola cidade real dos reis kushitas en Meroe, preto do río Nilo, o lugar relixioso próximo de Naqa e Musawwarat es Sufra. Foi a sede dos gobernantes que ocuparon Exipto durante preto dun século e presenta, entre outros vestixios, pirámides, templos e edificios domésticos así como grandes instalacións relacionadas coa xestión da auga. O seu vasto imperio estendíase desde o Mediterráneo ata o corazón de África, e o sitio testemuña o intercambio entre a arte, arquitecturas, relixións e linguas de ambas rexións.50px Text was copied from this source, which is available under a Creative Commons Attribution 3.0 IGO (CC BY 3.0 IGO) license.3Parque Nacional Mariño de Sanganeb e Parque Nacional Mariño da Baía de Dungonab e a Illa de Mukkawar150px|alt=Mar Vermello 2016 262rev; VII, IX, X (natural) O sitio consta de dúas áreas separadas: Sanganeb é unha estrutura de arrecife de coral illado no centro do Mar Vermello e o único atol, a 25 km da costa do Sudán. O segundo compoñente da propiedade está formado pola baía de Dungonab e a illa Mukkawar, situadas a 125 km ao norte de Port Sudan. Inclúe un sistema moi diverso de arrecifes de coral, mangleiros, pradeiras mariñas, praias e illotes. O sitio proporciona un hábitat para poboacións de aves mariñas, mamíferos mariños, peixes, quenllas, tartarugas e mantarraias. Dungonab Bay tamén ten unha poboación de dugongos significativa a nivel mundial.50px Text was copied from this source, which is available under a Creative Commons Attribution 3.0 IGO (CC BY 3.0 IGO) license.

Lista de lugares candidatos Ademais dos sitios inscritos na lista do Patrimonio da Humanidade, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisionais que poden considerar para ser nomeados. Só se aceptan candidaturas para a lista do Patrimonio da Humanidade se o sitio figuraba previamente na lista provisional.

Nome Imaxe Localización Criterio Areaha (acre) Ano de inclusión DescriciónSuakin200pxMar Vermello , Cultural 1994Kerma200pxNorte Cultural1994Old Dongola200pxNorthern Cultural1994Wadi Howar National ParkNorthern Natural (vii) (viii) (ix) (x)2004Parque nacional de Dinder200pxSennar Natural (VII) (IX) (X)2021Parque Nacional de Jebel Al Dair200pxKordofan Norte Natural (vii) (ix) (x)2021Parque nacional de Al HassaniaRío Nilo Natural (VII) (IX) (Xx)2021Parque Nacional de Al RadomDarfur Sur Natural (VII) (IX) (X) 2021Jebel Marra / Caldeira Deriba (lago do cráter)200pxDarfur Central Natural (VII) (VIII) (IX) (X)2021Os monumentos do Reino de Kerma e Dokki Gei200pxNorte Cultural (I) (II) (III) (IV) (Vv)2022Illa SaiNorte Cultural (II) (III) (IV) 2022O templo de Soleb200pxNorte Cultural (II) (III) (IV) 2022Banganarti200pxNorthern Cultural (II) (III) (IV) (V)2022Vila de Al KhandaqNorthern Cultural (II) (III) (IV)2022Parque Nacional de Wadi Hower - Gala Abou Ahmed (sitio mixto natural e cultural)Norte, Darfur Norte, Kordofan Norte Mixed (II) (III) (V) (VII) (IX) (X)2022

Notas

Véxase tamén

Patrimonio da Humanidade por país