Kosmos 1074 ou Cosmos 1074 foi unha misión espacial soviética lanzada sen tripulación o 31 de xaneiro de 1979 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Kosmos 1074 foi unha Soiuz modelo T lanzada a órbita sen tripulación para facer diferentes probas con este novo modelo de nave, que reintroduciu os paneles solares e facía uso do sistema Igla para citas e acoplamentos espaciais, así como dun sistema de propulsión modernizado e controis dixitais. A Soiuz T recuperou tamén a capacidade para tres tripulantes. Kosmos 1074 regresou a terra o 1 de abril de 1979.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Soiuz U
Categoría:Programa Soiuz