O Depósito de Metais Pramieciosos dos Estados Unidos (en inglés: United States Bullion Depository), coñecido tamén como Fort Knox, é un edificio acoirazado e fortificado situado xunto ao posto do Exército dos Estados Unidos de Fort Knox, Kentucky. Está xestionado polo Departamento do Tesouro estadounidense e funciona como unha das ramas da Casa da Moeda dos Estados Unidos. A cámara acoirazada utilízase para almacenar unha gran parte das reservas de ouro do país, así como outros obxectos de particular valor económico ou histórico que pertencen ao Goberno federal ou están baixo a súa custodia. O edificio alberga aproximadamente 147 millóns de onzas troy (4.580 toneladas métricas) de lingotes e barras de ouro, algo máis da metade do total deste metal posuído polo Goberno federal."Top 10 Countries With Largest Gold Reserves". U.S Global Investors. A Policía da Casa da Moeda dos Estados Unidos protexe o depósito.
O Tesouro construíu estas instalacións en 1936 nuns terreos que lle transferiu o Exército. O seu propósito era albergar o ouro que ata daquela se estaba a almacenar en Nova York e na Casa da Moeda de Filadelfia, no marco dunha estratexia para arredar as reservas de ouro das cidades costeiras e situalas en zonas menos vulnerables a ataques militares estranxeiros. A primeira serie de envíos de ouro ao depósito produciuse durante o primeiro semestre de 1937, e en 1941 completouse unha segunda serie. Estes envíos, supervisados polo Servizo Postal dos Estados Unidos, totalizaron aproximadamente 417 millóns de onzas troy (12.960 toneladas), case dous terzos do total das reservas de ouro dos Estados Unidos.
Durante a segunda guerra mundial gardáronse na súa cámara acoirazada, para a súa protección, a Constitución orixinal asinada dos Estados Unidos, a Declaración de Independencia, os Artigos da Confederación, o segundo discurso inaugural de Abraham Lincoln e borradores do Discurso de Gettysburg de Lincoln, así como un exemplar da Biblia de Gutenberg e outro da Carta Magna. Despois da guerra, o depósito albergou tamén a Coroa de Santo Estevo, así como reservas de opio e morfina. A cámara garda tamén algunhas rarezas numismáticas como dez exemplares da mítica moeda de ouro de 20 dólares de 1933, un espécime do centavo de aluminio de 1974 e os doce exemplares cuñados en ouro do dólar Sacagawea que voaron no transbordador espacial Columbia en 1999.
O depósito é unha instalación extremadamente segura. Entre o seu perímetro cercado e a estrutura de formigón revestida de granito esténdense aneis de arame de espiño. O recinto está vixiado por cámaras de vídeo de visión nocturna de alta resolución e micrófonos. A cámara subterránea está feita de placas de aceiro, trabes con perfil dobre T e cilindros revestidos de formigón. A súa porta, resistente aos sopretes e aos trades, ten un grosor de 53 centímetros e pesa 18 toneladas. A porta da cámara acoirazada ten unha pechadura temporizada de 100 horas e só poden abrila os membros do persoal do depósito, que deben marcar combinacións independentes. Non se permite a entrada de visitantes. O seu nivel de seguridade é tal que nos Estados Unidos se fixo popular a expresión As safe as Fort Knox ("Tan seguro coma Fort Nox").
Historia O edificio foi incluído no Rexistro Nacional de Lugares Históricos dos Estados Unidos en 1988 pola súa condición de "monumento ben coñecido ao que se fai referencia con frecuencia en contextos reais e ficticios" e a súa "importancia excepcional" na "historia económica da nación". Está situado na intersección entre Bullion Boulevard e Gold Vault Road, en Fort Knox."US Bullion Depository, Fort Knox, Kentucky". National Register of Historic Places (Npgallery.nps.gov).
Planificación e finalización miniatura|Placa nos xardíns do edificio de Fort Knox. En xuño de 1935, o Tesouro dos Estados Unidos anunciou a súa intención de construír o antes posible un depósito de ouro nos terreos de uso militar de Fort Knox, en Kentucky. O seu propósito era almacenar o ouro que daquela se gardaba na Oficina de Ensaios de Nova York e na Casa da Moeda de Filadelfia. Esta intención estaba en consonancia cunha política previamente anunciada de arredar as reservas de ouro das cidades costeiras e situalas en zonas menos vulnerables a unha hipotética invasión militar estranxeira. Esta política xa supuxera o envío de case 85,7 millóns de onzas troy (2.666 toneladas) de ouro da Casa da Moeda de San Francisco á Casa da Moeda de Denver. Os plans iniciais debían estar concluídos en agosto e prevían a construción un edificio de 930 m2 que non debía custar máis de 450.000 dólares da época —equivalentes a 7.500.000 dólares en 2022—.Johnston, L.; Williamson, S. H. (2023). "What Was the U.S. GDP Then?". MeasuringWorth.com "U.S. Building Gold Vaults Far Inland: Rushes Work on One in Center of Kentucky Post: Billions Will Be Taken From Vulnerable Coast Cities". En The Washington Post. 29 de xuño de 1935. Páxina 1.
Tivéronse en conta varias vantaxes desa localización desde o punto de vista militar. Un exército que atacase desde a costa leste tería que loitar a través dos montes Apalaches, que se consideraban un impedimento razoable para as forzas militares da época. Tamén era unha zona illada de ferrocarrís e estradas, o que dificultaría aínda máis o ataque. Mesmo o transporte aéreo asa o lugar a través das montañas se consideraba perigoso para un piloto non familiarizado co territorio. Por último, a única unidade de cabalaría completamente mecanizada do exército estaba estacionada no forte adxacente e podía despregarse doadamente para defender o depósito.
O Tesouro comezou a construción do depósito de Fort Knox en 1936 nos terreos que lle transferiu o exército. A bóveda do ouro completouse en decembro daquel ano cun custo de 560.000 dólares —equivalentes a 9.300.000 dólares en 2022—."Fort Knox Bullion Depository ". United States Mint (Usmint.gov).
Primeiros envíos de ouro miniatura|Vista frontal do Depósito de Fort Knox en 1939."Treasury Department, Procurement Division, Public Buildings Branch, Fort Knox - United States Bullion Depository". Library of Congress (LOC.gov). A primeira xeira de envíos de ouro realizouse cunha periodicidade quincenal entre o 11 de xaneiro e o 17 de xuño de 1937, e foi supervisada polo Servizo Postal dos Estados Unidos."Protected Shipments". Smithsonian National Postal Museum. O ouro transportábase desde a Oficina de Ensaios de Nova York e a Casa da Moeda de Filadelfia ata uns trens, utilizando camións postais escoltados pola policía municipal.Ragsdale, W. B. (1938). "Moving Gold Bricks A Complicated Job: Postoffice Faced Dangerous Task in Convoying Metal to Safety of Fort Knox". En The Washington Post. 1 de maio. Páxina TT6. Nos vagóns blindados, os traballadores do Servizo de Correos ían acompañados de soldados, axentes do servizo secreto e gardas da Policía da Casa da Moeda."First Gold Shipment en Route To New Strongbox at Ft. Knox: $2,000,000 in Gleaming Metal Expted at Bombproof Hideaway Today". En The Washington Post. 13 de xaneiro de 1937. Utilizáronse tamén trens reclamo, para dificultar a acción de hipotéticos asaltantes. Á chegada a Fort Knox, o ouro trasladouse dos trens a camións do exército baixo a protección de soldados armados con balas perforantes e metralladoras. Os camións foron escoltados por carros de combate do primeiro rexemento de Cabalaría dos Estados Unidos ata o depósito."Cargo of Gold Stowed in Vault At Fort Knox: Armored Cars, Machine Guns Guard Transfer From Special Train". En The Washington Post. 14 de xaneiro de 1937. O Departamento de Correos facturoulle ao Departamento do Tesouro o transporte do peso das caixas e do ouro utilizando a tarifa postal de cuarta clase, cos gastos de seguro engadidos. miniatura|Un camión de correos cargado de ouro sae da Oficina de Ensaios de Nova York, en 1941. Nesta primeira xeira trasladouse ata Fort Knox un total de 157,82 millóns de onzas troy (4.909 toneladas). Este envío representaba o 44,84 % do total das reservas de ouro estadounidenses, que naquel momento eran de 351,9 millóns de onzas troy (10.947 toneladas).Federal Reserve Bulletin. Agosto de 1937. GPO, Washington. Páxina 740. Tardouse máis de cinco meses e cumpriron 39 trens compostos por 215 vagóns.
O 1 de marzo de 1941,"141-2 Billions? Yes, But Why The 22 Cents?". En The Akron Beacon Journal. Nº 1. Marzo de 1941. Páxina 1. o secretario do Tesouro dos Estados Unidos Henry Morgenthau anunciou a finalización doutro envío por un total de 258,74 millóns de onzas troy (8.048 toneladas ) de ouro desde a Oficina de Ensaios de Nova York ao depósito. A cantidade total na cámara acoirazada logo da finalización do envío era de 416,56 millóns de onzas troy (12.956 toneladas )."9 Billion in Gold Shifted by US". En The Washington Post. 5 de marzo de 1941. Páxina 23. Esta cantidade representaba o 65,58 % das reservas totais de ouro dos Estados Unidos, que eran de 635,2 millóns de onzas troy (19.757 toneladas ) naquel momento.Federal Reserve Bulletin. Abril de 1941. GPO, Washington. Páxina 328. Esta xeira de envíos comezou en xullo do ano anterior e tamén foi supervisada pola Oficina de Correos. Tardou sete meses e requiriu 45 trens formados por 337 vagóns.
Incremento das reservas de ouro nos Estados Unidos miniatura|Trens cargados de ouro preparándose para descargar en camións do Exército en Fort Knox, en 1941. A construción e o funcionamento inicial do depósito producíronse ao mesmo tempo que as reservas totais de ouro dos Estados Unidos experimentaban un crecemento sen precedentes. Estas reservas, que eran de 194 millóns de onzas troy (6.019 toneladas ) a finais de 1933, saltaron a 503 millóns de onzas troy (15.641 toneladas ) a finais de 1939. Os factores que impulsaron este crecemento foron a revalorización do prezo do ouro —desvalorización do dólar— en 1934, que provocou un aumento da produción mundial deste metal, e as incertezas políticas en Europa, que provocaron unha fuga de capitais aos Estados Unidos, así como os programas de rearmamento en Europa, que aumentaron as exportacións netas de mercadorías dos Etados Unidos.Goldenweiser, E. A. (1940). "The Gold Problem Today". En Federal Reserve Bulletin. Xaneiro. GPO, Washington. Páxina 11.
A maior parte do aumento, 277 millóns de onzas troy (8.620 toneladas ), debeuse ás importacións de ouro do estranxeiro. Trátase de 174 millóns de onzas troy (5.421 toneladas) procedentes de minas estranxeiras —principalmente de Suráfrica—, 89 millóns de onzas troy (2.755 toneladas ) procedentes das reservas de bancos centrais doutros países (sinaladamente Francia e o Reino Unido), e o resto doutras fontes —principalmente tenzas privadas na India—. Só seis millóns de onzas troy (178 toneladas) procedían do ouro adquirido en xaneiro de 1934 no marco do programa de compra de ouro da Orde executiva 6.102 —que exixía a particulares e institucións entregarlle ao Goberno todas as súas moedas e os lingotes de ouro, agás unha pequena cantidade—, e 26 millóns de onzas troy (800 toneladas) da produción nacional e a devolución de chatarra de ouro e moedas despois de xaneiro.
A finais de 1940, as reservas totais do Tesouro almacenadas en todos os lugares ascendían a 628,4 millóns de onzas troy (19.546 toneladas),Federal Reserve Bulletin. Febreiro de 1941.GPO, Washington. Páxina 188. o que representaba arredor do 80 % das reservas mundiais de ouro."Gold Supply Of U.S. Passes 22-Billion Mark: Treasury Now Has About 80 Per Cent Of World's Stock". En The Washington Post. 7 de xaneiro de 1941. Páxina 21. As reservas totais de ouro dos Estados Unidos almacenadas en todos os lugares alcanzaron o seu máximo en outubro de 1941 con 651,4 millóns de onzas troy (20.262 toneladas ) e terminaron o ano con 649,6 millóns de onzas troy (20.206 toneladas ).Federal Reserve Bulletin. Febrero de 1942. GPO, Washington. Páxina 138.
Custodia de documentos históricos