Jon García Fuentes, nado en Pamplona o 28 de xaneiro de 2003, é un futbolista español, que xoga como centrocampista defensivo en Osasuna Promesas, da Primeira División RFEF.

Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol no Ermitaberri do seu colexio e no Burladés, antes de ingresar en 2012 na canteira de Osasuna. Despois de cinco anos no club pamplonés e outros cinco na canteira do Villarreal, regresou en 2023 á súa cidade natal, fichando por Osasuna Promesas, da Primeira División RFEF.

Notas

Categoría:Nados en 2003 Categoría:Nados en Pamplona Categoría:Futbolistas de Navarra Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Villarreal CF C Categoría:Xogadores do CA Osasuna B