Kosmos 672 ou Cosmos 672 foi unha misión espacial soviética lanzada sen tripulación o 12 de agosto de 1974 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Kosmos 672 foi unha Soiuz modelo 7K-TM lanzada a órbita sen tripulación para facer diferentes probas como parte do proxecto de probas Apollo-Soiuz. Kosmos 672 regresou a terra o 18 de agosto de 1974.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Soiuz U Soiuz 7K-TM

Categoría:Programa Soiuz