Kosmos 670 ou Cosmos 670 foi unha misión espacial soviética lanzada sen tripulación o 6 de agosto de 1974 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Kosmos 670 foi unha Soiuz S lanzada a órbita sen tripulación para facer diferentes probas con este novo modelo de nave, deseñada para dar servizo a unha estación espacial militar que nunca se chegou a lanzar. Kosmos 670 regresou a terra o 8 de agosto de 1974. So se lanzaron tres Soiuz S, todas sen tripulación.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Soiuz U

Categoría:Programa Soiuz