O ganso salvaxe (xaponés: gan 雁) é unha novela clásica de Mori Ōgai, publicada orixinalmente de forma serializada entre o 1911 e o 1913. Conta a historia dun amor non correspondido no Tokyo do 1880, en plena occidentalización do Xapón. A obra contén comentarios sobre os cambios sociais acontecidos entre os períodos Edo e Meiji, incluíndo os dilemas e frustracións das mulleres.

Sinopse Suezo é un prestamista canso da súa esposa. Otama, a única filla dun comerciante viúvo, convértese na amante de Suezo para axudar economicamente ao pai. Cando Otama descobre que está casado, séntese traizoada. Entón, coñece a Okada, un estudante de medicina do que se namora.

Adaptacións A novela foi adaptada nunha película homónima do 1953 dirixida por Shirō Toyoda, na que actuou Hideko Takamine.

Traducións O ganso salvaxe (2021). Tradución directa ao galego de Gabriel Álvarez Martínez. Irmás Cartoné.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas O ganso salvaxe (Bitraga)

Categoría:Literatura en lingua xaponesa Categoría:Literatura do Xapón Categoría:Obras traducidas do xaponés ao galego