Manuel Antonio Rosales Guerrero, coñecido habitualmente como Manuel Rosales, nado 12 de decembro de 1952, é un político venezolano. Foi alcalde do municipio de Maracaibo durante dous mandatos consecutivos e gobernador do Estado do Zulia durante dous mandatos consecutivos tamén. En 2021 volveu ser elixido gobernador do Zulia co 54,82% dos votos.

Traxectoria Ao longo de 2002, asinou e aprobou o decreto que proclamaba a Pedro Carmona presidente do país ao derrocar brevemente a Hugo Chávez tras o golpe de Estado do 11 de abril de 2002. Tras o indulto de Chávez foi o seu opoñente nas eleccións do 3 de decembro de 2006, onde o PSUV recibiu 7.161.637 votos (62,89%), mentres que Rosales, que concedeu a derrota, obtivo 4.196.329 (36,85%) votos.

O 13 de setembro de 2004, o Ministerio Público apoiou unha denuncia de que Manuel Rosales estaba acusado de malversación de fondos durante o seu mandato como gobernador do Zulia, iniciando unha investigación. Unha comprobación realizada pola Intervención Xeral da República demostrou un incremento inxustificado do patrimonio neto cunha cantidade de 68.553 dólares, sendo acusado de corrupción. En abril de 2009, Manuel Rosales viaxou a Lima e a Interpol en Caracas emitiu un informe de busca, que fora solicitado por un xulgado venezolano.

Despois de seis anos de exilio no Perú, Rosales retornou a Venezuela o 15 de outubro de 2015, sendo detido ao día seguinte. Fora advertido pola entón fiscal xeral do país, Luisa Ortega Díaz, de que isto ocorrería se regresaba, foi detido no aeroporto internacional La Chinita de Maracaibo tras chegar en avión desde a illa de Aruba. A súa liberdade foi concedida polas autoridades venezolanas o 31 de decembro de 2016.

Desde o 10 de decembro de 2021 é gobernador do Zulia no seu terceiro mandato.

Honras

Recibiu a Medalla de Prata de Galiza en 1995.

Véxase tamén

Outros artigos Estado Zulia Maracaibo Un Nuevo Tiempo

Categoría:Políticos de Venezuela Categoría:Medalla de Prata de Galicia Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Venezuela