Juan José González Rivas, nado en Ávila o 10 de maio de 1951 é un xurista e maxistrado español xubilado. Foi maxistrado do Tribunal Constitucional entre 2012 e 2021, e foi o seu presidente entre 2017 e 2021.Real Decreto 281/2017, de 22 de marzo, por el que se nombra Presidente del Tribunal Constitucional a don Juan José González Rivas.
Traxectoria
Formación Estudou Dereito na Universidade Complutense de Madrid. Obtivo o título de xuíz e maxistrado por oposición ao final do franquismo, en 1975. Obtivo o doutoramento na Complutense de Madrid cunha tese titulada «La Justicia Constitucional en el Derecho Comparado y en el Derecho español» en 1981.
Carreira En 1975 foi destinado no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Piedrahíta (1976-81) e Salas de los Infantes, Burgos (1981). En 1981 foi ascendido ao grao de maxistrado e nomeado para a extinta Audiencia Territorial de Barcelona (1981-82). Continuou a súa carreira xudicial na Sala do Contencioso-Administrativo da Audiencia Territorial de Palma (1982-87) e na Sala cuarta, dentro da mesma orde xurisdicional, da Audiencia Territorial de Madrid (1987-89) até que se constituíu a sala única desta orde xurisdicional ao Tribunal Superior de Xustiza de Madrid onde pasou a desempeñar diferentes funcións como maxistrado (1989-92).
Paralelamente, foi avogado do Ministerio de Xustiza (1979-80) adscrito á Secretaría Xeral Técnica do departamento e tras superar os correspondentes concursos foi nomeado facultativo do Consello Xeral do Poder Xudicial (1981-1982) e, desde 1982, avogado de carreira ao servizo do Tribunal Constitucional onde foi nomeado Secretario Xeral en 1986.
En 1992, foi nomeado maxistrado da Oficina Técnica de Información e Documentación do Tribunal Supremo. En 1997 foi ascendido ao rango de xuíz do Tribunal Supremo onde en 2009 foi elixido membro da Sala de Goberno da Audiencia.
Tribunal Constitucional Elixido membro do Tribunal Constitucional en xuño de 2012, a proposta do Congreso dos Deputados, cargo do que tomou posesión o día 23 de xullo. En voto particular á sentenza sobre o matrimonio homosexual, Juan José González Rivas sinalou que
aínda que logo manifestou que non se opón a que "as unións de longa duración entre persoas do mesmo sexo sexan obxecto de especial consideración por parte do lexislador".
En marzo de 2017 sucedeu a Francisco Pérez de los Cobos como presidente da Audiencia, cesando como maxistrado e presidente o 18 de novembro de 2021.
Xubilouse en decembro de 2021, aos 70 anos.
Distincións Académico correspondente da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación, dende o 23 de novembro de 1981. Currículum completo de Juan José González Rivas, na web do Tribunal Constitucional de España, consultado o 22 de marzo de 2017.
Recibiu a Medalla de Ouro de Galicia en 2018. Juan José González Rivas, medalla de oro de Galicia en 2018 na web da Voz de Galicia, consultado o 22 de agosto de 2020.
O rei, tras oír o Consello de Ministros, concedeulle a Gran Cruz da Orde do Mérito da Garda Civil en 2020 e en 2022 a Gran Cruz da Orde de Carlos III.
En 2023 recibiu a Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort.
Publicacións Para obter unha lista completa dos seus artigos e publicacións, consúltese o sitio web de Dialnet. Web Dialnet. Universidad de La Rioja, consultada el 22 de marzo de 2017
Notas
Véxase tamén
Categoría:Presidentes do Tribunal Constitucional de España Categoría:Profesores da Universidade Pontificia Comillas Categoría:Profesores da Universidade San Pablo CEU Categoría:Xuristas de España Categoría:Nados en Ávila Categoría:Medalla de Ouro de Galicia Categoría:Nados en 1951 Categoría:Medalla de Ouro de Galicia