20 dólares de 1933 160px160pxA/: a Liberdade en pé, camiñando, cun facho e unha póla de oliveira. Detrás raios e ao fondo á esquerda o Capitolio. 46 estrelas arredor. Data. Marcas de ceca e de gravador. Lenda: LIBERTY / 1933.R/: aguia voando cara á esquerda, sobre os raios dun Sol que está no exergo. Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / TWENTY DOLLARS / IN GOD WE TRUST Data: 1933 Ceca: Filadelfia (sen marca de ceca). Deseño: Augustus Saint-Gaudens. Tiraxe: 445,500 (só 13 coñecidas). Aliaxe: Ouro (90%) e cobre (10%). Diámetro: 34,10 mm. Grosor: 2,00 mm. Peso: 33,43 g. Canto: E PLURIBUS UNUM.

A moeda de 20 dólares de 1933 (coñecida tamén como dobre aguia de 1933) é a moeda de ouro de 20 dólares Saint-Gaudens emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos e cuñada pola Ceca de Filadelfia no derradeiro ano da súa serie, 1933, en plena Gran Depresión. Trátase dunha moeda mítica da numismática estadounidense, por mor da súa rareza, xa que, malia a súa tiraxe inicial de 445.500 pezas, ningunha delas saíu á circulación e ordenouse a súa refundición, da que só sobreviviron uns poucos exemplares.McMorrow-Hernandez, J. (2022). "The Majestic 1933 Saint-Gaudens Double Eagle". Professional Coin Grading Services. 7 de febreiro.

Aínda que a orde de refundición das pezas cuñadas prevía que se conservasen unicamente dous exemplares, sábese que outros 20 foron rescatadas da fundición con ánimo de fraude e chegaron clandestinamente ás mans de coleccionistas. Nove destas moedas foron recuperadas posteriormente e destruídas, o que a converte nunha das moedas máis raras do mundo, con só 13 exemplares coñecidos, dos cales só un é de propiedade privada, o coñecido como espécime Farouk ou espécime Weitzman."The One That Got Away: In June, the Only 1933 Double Eagle That Can Be Owned Will Be Sold". Numismatic Guaranty Company (Ngccoin.com). 4 de maio de 2021. Dise que o Servizo Secreto dos Estados Unidos investiga informes sobre a hipotética existencia doutros espécimes, xa que a súa posesión en mans privadas sería ilegal."1933 Double Eagle coin on display at Goldsmiths' Hall". En BBC. 2 de marzo de 2012.

As dúas moedas recuperadas oficialmente da fundición pasaron a formar parte da Colección Numismática Nacional dos Estados Unidos; as dez recuperadas consérvanse no Depósito de Metais Preciosos dos Estados Unidos de Fort Knox, e a única moeda legalmente en mans privadas vendeuse en 2002 ao coleccionista privado Stuart Weitzman,Barron, J. (2021). "He Owns World Famous Stamps and a Prized Coin. Now He's Selling". En The New York Times. 10 de marzo. —que permaneceu no anonimato naquel momento— por 7,59 millóns de dólares, o segundo prezo máis alto pagado nunha poxa por unha moeda estadounidense naquel momento."Stack's Bowers Galleries Sets World Record With Sale Of 1794 Silver Dollar For $10,016,875". Prnewswirwecom. 25 de xaneiro de 2013. A moeda vendeuse novamente a un comprador anónimo nunha poxa en xuño de 2021 por 18,9 millóns de dólares, o que a converteu na moeda máis cara xamais vendida, tal e como consta no Guinness World Records."Most expensive coin sold at auction". Guinnessworldrecords.es

Da tiraxe total inicial, unha pequena cantidade de pezas fora enviada tamén á Comisión de Ensaios dos Estados Unidos, e finalmente estas pezas acabaron sendo tamén destruídas e refundidas, logo do proceso de análise ao que foron sometidas."1933 Saint Gaudens Double Eagle". Saingaudensdoubleeagle.com

Produción e refundición miniatura|Orde executiva 6102, emitida por Franklin D. Roosevelt en 1933 durante a Gran Depresión, pola que se esixía á poboación a entrega do ouro que posuíse.|359x359px En 1933, nun intento de pór fin á crise bancaria xeral da década de 1930, o presidente estadounidense Franklin D. Roosevelt promulgou a Orde executiva 6102, entre cuxas disposicións estaban as seguintes:Texto da Orde executiva 6102. American Presidency Project (Presidency.ucsb.edu).Sepanek, E. (2022). "A Dangerous Precedent: Executive Order 6102". En Scottsdale Bullion & Coin. 2 de agosto de 2022.

Ademais, o Congreso aprobou a Lei da Reserva de ouro en 1934, que prohibía a circulación e a posesión privada de moedas de ouro estadounidenses de curso legal ordinario, coa exención das moedas de colección. Esta lei declaraba que as moedas de ouro xa non tiñan curso legal nos Estados Unidos, e a xente tiña que trocar obrigatoriamente as súas moedas de ouro por outras formas de moeda. As moedas de 20 dólares de ouro de 1933 cuñáronse despois desta orde executiva, mais como xa non tiñan curso legal, do mesmo xeito que o resto das moedas de ouro cuñadas ese ano, fundíronse a finais de 1934, algunhas delas logo da pertinente análise pola Comisión de Ensaios. Así e todo, determinouse conservar dous espécimes dos cuñados, que a Casa da Moeda dos Estados Unidos doou para a Colección Numismática Nacional, unha das cales se exhibe no Museo Nacional de Historia Americana dentro da súa exposición The Value of Money ("O valor do diñeiro")."The Value of Money". National Museum of American History.miniatura|284x284px|Exemplar da Colección Numismática Nacional dos Estados Unidos, exposto no Museo Nacional de Historia Americana, de Washington."20 Dollars, United States, 1933". National Museum of American History.Así as cousas, estes deberían ser os dous únicos exemplares existentes da dobre aguia de 1933. No entanto, sen o coñecemento da Casa da Moeda, algún membro do seu persoal —presumiblemente o caixeiro— subtraeu algún dos exemplares antes de seren fundidos e estes chegaron ás mans de coleccionistas a través do xoieiro de Filadelfia Israel Switt.Gilkes, P. (2018). "10 1933 gold double eagles safe from fed destruction". En Coin World. 18 de maio de 2018. As moedas espertaron axiña o seu interese no ámbito do coleccionismo numismático e foron obxecto de transacción entre os coleccionistas durante varios anos, ata que o Servizo Secreto foi informado da súa existencia. O asunto chegou tamén a coñecemento dos responsables da Casa da Moeda cando un xornalista contactou con ela no marco dunha investigación que estaba a realizar sobre a historia das moedas que vira nunha poxa numismática da compañía Stack's Bowers. A raíz disto, o Servizo Secreto iniciou unha investigación oficial sobre o asunto en marzo de 1944. Antes da investigación, un comerciante de Texas vendeulle un dos exemplares a un comprador estranxeiro, e saíu dos Estados Unidos o 29 de febreiro de 1944.

Durante o primeiro ano da investigación, sete moedas foron incautadas polo Servizo Secreto ou entregadas voluntariamente, e posteriormente foron destruídas na Casa da Moeda. Un oitavo exemplar foi recuperado o ano seguinte e correu a mesma sorte. En 1945, a investigación identificou o presunto ladrón e o seu cómplice, Switt, que admitiu ter vendido as nove moedas localizadas, aínda que asegurou que non lembraba como as obtivera. O Departamento de Xustiza intentou procesalos, mais o delito xa prescribira. Unha novena moeda foi entregada polo coleccionista Louis E. Eliasberg e destruída en 1952."Louis E. Eliasberg Sr.". SouthgateCoins.com

De xeito diferente a esta dobre aguia, a aguia ou moeda de 10 dólares Indian Head de 1933 cuñouse antes da orde de retirada de Roosevelt, polo que é legal a súa posesión por particulares. Mesmo así, calcúlase que non deben existir máis de 40 exemplares da moeda de 10 dólares, xa que o resto foron fundidos, polo que o seu grao de rareza é tamén excepcional."1933 Indian Head Eagle". Indianheadeagle.com"1933 $10 (Regular Strike)". Professional Coin Grading Service (PCGS.com).

O espécime Farouk

1944: Exportación e posterior desaparición miniatura|O rei Farouk de Exipto en 1946. O único exemplar que saíra do país fora adquirida polo rei Farouk de Exipto, que era un voraz coleccionista de multitude de obxectos, entre eles ovos imperiais de Fabergé, frascos antigos de Aspirina, calcapapeis, selos de correos e tamén moedas raras, das que tiña unha colección de máis de 8.500 exemplares."King Farouk: The Royal Time-Keeper ". ThePemberleyGrouip.com. 1 de marzo de 2018."The most famous coin collector in history". Rare Coins Investments (Rarecoins.co.za). En 1944, Farouk adquiriu o seu espécime da dobre aguia de 1933 e, en estrito cumprimento da lei, os seus ministros solicitáronlle ao Departamento do Tesouro dos Estados Unidos unha licenza de exportación para a moeda. Por erro, poucos días antes de que se descubrise o roubo na Casa da Moeda, concedéuselle a licenza. O Departamento do Tesouro intentou traballar por vía diplomática para solicitar a Exipto a devolución da moeda, mais a segunda guerra mundial atrasou as súas xestións durante varios anos. En 1952, o rei Farouk foi deposto nun golpe de Estado, e moitas das súas posesións foron postas á venda posteriormente en poxa pública a cargo da compañía Stack's Bowers, entre elas a moeda de 20 dólares Saint-Gaudens de 1933."1933 Saint-Gaudens Double Eagle". Stacksbowers.com O Goberno dos Estados Unidos solicitou a devolución da moeda, e o Goberno exipcio declarou que accedería á petición, aínda que a peza desapareceu e non se viu novamente en Exipto."The Case of the Missing Double Eagle Coins". Porzio. Bromberg & Newman (Pbnlaw.com). 22 de xuño de 2015."The Farouck 1933 Double Eagle". En The E-Sylum. Vol. 24. Nº 21. 23 de maio de 2021.

1996: Reaparición En 1996, o espécime que fora de Farouk reapareceu logo de máis de catro décadas de escuridade, cando o comerciante de moedas británico Stephen Fenton foi detido por axentes do Servizo Secreto dos Estados Unidos durante unha operación encuberta no hotel Waldorf-Astoria de nova York.Donovan, K. (2006). "Buried Treasure. Sometimes a family fortune gets tangled in the sweep of history". Trusts & Estates. 26 de decembro. Aínda que nun principio lles asegurou aos investigadores que adquirira a moeda no mostrador da súa tenda, máis tarde modificou a súa versión e, baixo xuramento, insistiu en que a súa dobre aguia de 1933 procedía da colección do rei Farouk, aínda que isto non puido verificarse. Posteriormente retiráronse os cargos penais contra Fenton, que defendeu a súa propiedade da moeda ante un tribunal civil. O caso non se resolveu ata 2001, cando se acordou que a propiedade da moeda debería reverterse ao Goberno dos Estados Unidos, quen despois podería vendela legalmente en poxa á persoa que fixese a oferta máis alta.Worden, L. (2006). "1933 Double 'Legal'. Barry Berke: The Saints' Biggest Advocate". En COINage. Xaneiro. Páxinas 46-48. O Tesouro dos Estados Unidos emitiu un documento ad hoc para "emitir e monetizar" a moeda, converténdoa así formalmente nunha moeda de ouro de curso legal nos Estados Unidos.

Cando se incautou a moeda, trasladouse a un lugar que se cría seguro: as cámaras acoirazadas do Tesouro do World Trade Center, de Nova York."Farouk-Fenton 1933 Double Eagle Sets New World Record Price!". Goldrushgallery.com Ao se alcanzar o acordo xudicial en xullo de 2001, só dous meses antes da destrución do edificio nos atentados do 11 de setembro, a moeda trasladouse a Fort Knox para a súa custodia.Eric Brothers (2018). "The 1933 Double Eagle: America’s Most Notorious Coin". En Coin Week. 10 de maio de 2018.

A venda de 2002